Iniciar sesión: Acceso

COMIDA CHINA E MOITO MÁIS!!

Ola familias!!!

Esta semana as propostas xiraron entorno á primavera, a comida china e a comezar a preparar algo para o Día do Libro, que é a vindeira semana.

Nunha das propostas estreamos un material novo: xardín de flores. A mestra deunos unha opción, pero nós desenvolvimos a nosa creatividade e fixemos marabillas.

Tivemos na clase unha carreira de insectos para traballar aspectos da lóxicamantemática como a subitización, o conteo, a identificación de números, pero tamén o respecto das normas do xogo e o turno.

Seguimos coa lóxicamatemática, e os peques da clase tiveron que contar os elementos plantados na horta e identificar o número, asociando así a grafía- cantidade.

E os de 4 e 5 anos traballamos a descomposicón de números, pero duhna forma diferente ás casiñas. Nesta ocasión con flores e o dominó. Así no centro da flor había un número e nós tiñamos que atopar as ficha de dominó que representaban ese número. Canto coteo, subitización, atención, concentración...

E como traballamos as nosa mans? Pois as pipetas son unha ferramenta que nos fai traballar moito coas mans, aínda que no sexamos conscientes diso. E como nos gusta moito desconxelar, nesta ocasión tivemos que liberar do xeo elementos da natureza como follas, flores...

E seguimos co proxecto dos volcáns. Esta semana coñecimos as partes. Nunha pequena maqueta do interior do volcán démolles nome as partes e as coloreamos.

Como proposta de arte traballamos a simetría completando o corpo dunha xoaniña.

E máis traballo de mans collendo bichos escondidos nunha mesa sensorial de lentellas e clasificándoos por cores, traballando outro aspecto tan importante como é a clasificación.

Esta semana tocounos a nós ir a regar ao invernadoiro as leitugas.

E a vida práctica está presente en todo momento dentro da aula: que nos caen lentellas ao chan pois as recollemos coa vasoira e o recolledor.

Como vos dicimos ao principio, a semana que ven é a Semana do Libro e nós xa comezamos a preparar algo, que veredes rematado prontiño.

Tamén estivemos decorando a bata da profe Ana estampando esponxiñas con formas.

E esta semana coñecimos un pouco máis de China, nesta ocasión a súa gastronomía: arroz, té, galletas da sorte... E estivemos traballando os trasvases de líquidos servindo o té, manipulando e preparando platos de arroz, preparando comida para levar, pero nesta ocasión eran pompóns para traballar a pinza e tamén intentamos facer galletas da sorte, pero non nos saíron. E non pasa nada porque isto tamén é unha aprendizaxe: ás veces as cousas non saen como nos gustarían e non pasa nada. Equivocarse non é malo e o que temos que facer é non rendirnos e seguilo intentando, e iso é o que imos facer porque imos ver en qué nos puidemos equivocar e imos intentar facelas outro día.