Iniciar sesión: Acceso

REMATAMOS O TRIMESTRE

Ola familias!!

Que rápido pasa o tempo! Xa rematamos o segundo trimestre, pero como sempre seguimos avanzando. Esta semana a temática centrouse na Pascua e Pin propúxonos os últimos retos.

Seguimos realizando actividades de lóxica matemática na pizarra dixital afianzando conceptos como moitos- poucos ou dereita- esquerda e arriba-abaixo.

Como proposta sensorial traballamos os trasvases e a coordinación óculo manual enchendo ovos con arroz de cor laranxa.

Tamén traballamos a lectoescritura formando palabras do vocabulario de Pascua. Nun saquiño tiñamos unha imaxe e as letras para formar o nome.

E seguimos a tope coa conciencia fonolóxica, nesta ocasión coas rimas. Tiñamos que buscar a imaxe que rimase co nome dunha tarxeta, por exemplo niña-piña.

A creativiade segue presente, neste caso decorando un ovo de Pascua con pompóns e pedras de cores.

Esta semana tivemos que convertirnos e perruqueiros duns poliños cun cabelo especial: tiña números. Entón tirabamos os dados, contábamos (quen o necesitase ou senón cálculo mental) e cortabamos o número correspondente, traballando o conteo, asociación grafía cantidade e o uso das tesoiras, ademáis da paciencia, do tempo en espera e a coordinación óculo manual.

Tamén puidemos ver as fases da Lúa grazas á caixiña que nos deixou a profe Gemma na que mirando por cada buratiño podiamos ver a Lúa nova, chea, en cuarto crecente e cuarto menguante.

Esta semana Pin tamén nos propuxo uns retos moi interesantes. O primeiro foi buscar uns paus polo entorno do cole e ordealos de menor a maior.

O segundo foi relacionado cos números. Os peques de 3 anos tiñan que buscar números nunha bandexa sensorial e relacionalo coa imaxe que tivese esa cantidade de elementos, traballando a asociación de grafía cantidade.

E os de 4 e 5 anos tiñan que colocar uns números na táboa do 100 porque algúen (non sabemos quen) quitounos e no seu lugar puxo cabezas de poliños, coellos...

E o venres como reto final e de despedida Pin propuxo non un reto, senón 6 e tivemos que ir por todo o cole realizando diferentes probas: simetrías, series, recta numérica, sumas e restas, conciencia fonolóxica, balanzas...

Como sempre dimos todo de nós e os conseguimos e así puidemos conseguir a última peza do quebracabezas e un agasallo que nos deixou Pin na nosa mesa:un lapis moi chulo.

Tamén tivemos unha búsqueda de ovos e figuras de chocolate pola clase xogando a Frío- Quente, pero non hai nada que se nos resista.

Vos deixamos un vídeo resumo do venres.

Boas vacacións!!Vémonos á volta!!!!