Iniciar sesión: Acceso

VULCANÓLOGOS/AS, FLORES E BO TEMPO.

Ola familias!!!

Esta semana chegou o bo tempo e iso nos gusta moito. Ademais seguimos avanzando no proxecto dos volcáns e realizamos actividades sobre a primavera.

Tivemos propostas de lóxica matemática como esta nas que os peques da clase tiñan que poñer tantos amorodos como indicaba o número, traballando así grafía-cantidade e a motricidade fina.

Os maiores seguimos avanzando nas sumas e restas.

E os peques de 4 anos reforzamos formar números con deceas e unidades.

Ademais rematamos iso que comezamos a semana pasada e que algún non o puidera facer. Xa sabedes o que éGuiño

Unha das propostas de arte desta semana foi facer flores. O primeiro que tivemos que facer foi marcar o contorno dos pétalos con rolos de papel hixiénico e témpera de cores, traballando a concentración, a atención o control óculo- manual...

E seguimos coñecendo moito de China, nesta ocasión os medios de transporte. Sabíades que teñen unhas bicicletas moi chulas cunha especie de sofá detrás?

Con relación ao proxecto dos volcáns, esta semana coñecimos a profesión de vulcanóloga/o e os utensilios que necesita para realizar o seu traballo. Despois o maiores da clase intentaron ler unhas tarxetiñas co nome deses utensilios e poñelas debaixo do obxecto correspondente, iniciándose así na lectoescritura. E os peques de 3 anos formamos o nome deses utensilios.

E como di o título desta entrada do blogue, esta semana houbo actividades sobre as flores e imos realizar un flipbook con algunhas delas, así que o primeiro que fixemos foi a portada formando a palabra "flores" buscando as letras en xornais, recortándoas e pegándoas, traballando a lecto escritura, as tesoiras, a concentración, a atención...

Para realizar outra das propostas de lectoescritura tivemos que usar a ruleta. Así fixémola xirar, anotamos a letra que saía e escribimos unha palabra que comezase por ela.

Os máis peques seguimos afianzando esa conciencia fonolóxica, tan importante para a iniciación na lectoescritura.

Esta semana tamén pintamos con rotulador unha imaxe en madeira relacionada coa primavera, pero antes tivemos que escoller unha entre todas, estando moi presente a toma de decisións, aspecto importante na nosa vida.

E seguimos coa lóxica matemática: os maiores formaron a táboa do 100 por parellas (traballando en equipo) e logo por turnos tiñan que atopar o número que lle indicaba o compañeiro/a.

Outro grupo afianzamos as sumas.

E os máis peques seguimos interiorizando a grafía dos números, pero esta vez con osiños de cores.

Esta seguimos traballando a saúde. Nesta ocasión falamos da importancia de levar unha alimentación saudable. Despois elaboramos un nutriplato cos alimentos e proporcións que ten que ter e outros compañeiros/as botaron unha partida ao xogo da hixiene bucal.

E chegou o venres, día no que as propostas foron de lectoescritura formando as palabras da imaxe con este xogo que temos na clase.

Rematamos o debuxo das flores que fixemos o luns porque tivemos que esperar a que secara a témpera. Nesta ocasión coloreamos con cera o interior dos pétalos intentando non saírnos, polo que tivemos que estar tranquilos/as e concentrados/as. Para finalizar lle fixemos o talo e se queriamos as follas.

E co bo tempo que fixo saímos a merendar fóra.

Esta semana limos o conto do "El hotel para bichitos" que trata o respecto aos demais porque todos somos diferentes e iso fainos únicos/as. Logo, como sempre, fixemos un debuxo sobre a historia.

E para rematar a semana comezamos a ver a película dos Octonautas e o cinturón de fuego na que fala dos volcáns.

Boa fin de semana!!!!Sorriso