Iniciar sesión: Acceso

blogue delidia

EU XOGO CON ENKI

RisaO VINDEIRO MARTES 19 DE OUTUBRO...APUNTÁMONOS A XOGAR CON ENKI NO COLEXIO!

A Fundación Abrente é unha organización sen ánimo de lucro que traballa entre outras cousas, na inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte.

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

A carreira ten unha modalidade escolar, e este ano APUNTÁMONOS!

Será o vindeiro martes 19 de outubro en horario escolar , e para poder levala a cabo, necesitamos a vosa colaboración.

A carreira ten un fin solidario, polo que os nenos que queira participar cun dorsal e colaborar na recaudación de fondos para o proxecto que a promove, deberán aboar 1€. Esto é totalmente voluntario, xa que todo o alumnado participará, pero repito que soamente levará dorsal o alumnado que aporte o euro.

Por outra banda, osa pais e nais que queiran colaborar na organización da mesma, e poidan vir esa mañá a formar parte da organización, que se poñan en contacto comigo.

Adxunto varios documentos e enlaces por si queredes máis información.

Lidia

MESTRA DE EF

                          

GALICIENCIA 2020

Este ano o alumnado de 5º e 6º de Primaria, participamos na edición de Galiciencia 2020.

Dende o Parque Tecnolóxico de Galicia , participamos en dúas sesións on line.

Na primeira parte faláronnos da importancia da ciencia na vida e máis na saúde dado o momento que estamos a vivir. Gustounos moito a parte de Intelixencia Artificial, donde nos deron algunhas recomendacións para experimentar na casa (todas son de sinxelo acceso dende o buscador Google):

- Teachable machine (proxecto imaxe de IA)

-Lipsyne Youtube. Programa no que fas un playback e fai unha valoración do ben que cantas.

-Freddie Meter. A través do mítico grupo Queen, este programa pode valorar o ben que cantamos.

-Have i been pwned? Pregunta que lle podemos facer a Google para saber se a nosa conta de correo electrónico foi pirateada algunha vez.

-Phishing quiz Google. Test para averiguar se somos avispados gardando a seguridade dos nosos datos na rede.

No segundo día de Galiciencia puidemos seguir unha clase de electricidade gracias a uns materiais que nos mandaran previamente.

Conectamos cables, falamos de carga eléctrica, de polos opostos...emocionados quedamos e con ganas de máis!

Encantou nos esta edición e seguro que repetiremos!

DIRECTRICES DA OMS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SEDENTARIOS

Documento breve e conciso sobre hábitos sedentario e actividade física en todas as idades. Recomendo esta lectura a todas as familias para ser máis conscientes da importancia e a relación que o movemento ten coa saúde.

Nestes tempos nos que a saúde é tan importante, coidemos o noso corpo!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe celébrase o día Internacional das Persoas con Discapacidade. Necesitamos un día así para darnos conta do gran esforzo de superación que teñen.

Grandes logros no eido deportivo conseguiron deportistas españois e mesmo galegos. No colexio tivemos a oportunidade de coñecer a Alvaro Illobre fai dous anos, cando veu co seu equipo o Basquetmi ; e Ángel Plácido López , o ano pasado, cando nos visitou por medio do Proxecto Enki.

Déixovos dous enlaces para coñecer máis a súa traxectoria.

E aquí tedes tamén algún vídeo para quedar coa boca aberta!

LOITEMOS POR UN MUNDO MÁIS RESPETUOSO E SOLIDARIO !

VALOREMOS O ESFORZO!

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Distribuir contido