Iniciar sesión: Acceso

blogue delidia

LUNS, 27 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

Que tal vos foi onte? A primeira saída a rúa logo de tanto tempo tivo que ser emocionante, no? Alonxarse un pouquiño da casa e poder ver caras novas!

Aproveitando esta experiencia , hoxe en Lingua Galega imos traballar un pouco de redacción.

Imos escribir sobre esa saída. Como sempre, póñovos unhas frases clave que podedes seguir para facer unha redacción ordenada :

- empezar falando de cando me enterei de que por fin podían sair os nenos e nenas

- o que fixen cando chegou o día

- hora a que saín, con quen e a donde foi

- medidas de protección que empreguei

- como me sentín estando na rúa e como me sentín cando cheguei

Imos intentar facer unha redacción de máis de 100 palabras. Lucas, ti xa sabes que de unhas poucas menos se fai falta. Nadia e Antonio, atendede a facer boa letra, que xa melloráramos moitísimo! Emilio, xa sei que o galego nos costa un pouco, pero volve a ler a redacción varias veces antes de dala por finalizada.

Déixovos un enlace ao dicionario da Real Academia Galega, se tedes dúbidas de como se escribe algunha palabra, soamente tedes que poñela e xa vos pon como se di en galego.

Cando a teñades rematada e revisada, enviádesma ao meu correo:

cartamil8@gmail.com

En Matemáticas imos comezar un novo tema “AS FRACCIÓNS”.

Aquí tedes unha nova entrega dos vídeos explicativos, fíxeno con toda a miña ilusión para que vos gustase e vos quedasen claros uns conceptos moi básicos que o ano que ven seguiredes traballando.

Gracias a Sara pola súa colaboración! O fixo moi ben!

Despois de velo , facedes os exercicios 1 e 3 da páxina 126, e exercicios 4 e 6 da páxina 127.

Aquí tedes un xogo por si queredes seguir practicando un pouco:

http://ceiploreto.es/sugerencias/skoool/common_frac/index.html

Recordade que mañá póñovos as solucións aquí no blog.

Por certo! Atentos mañá ao blog de Educación Física, porque mañá é un día especial..!

Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia

Xoves, 23 de abril de 2020

CORRECCIÓNS DE ONTE:

C.NATURAIS

Onte cargueivos por equivocación un caderniño completo de fichas. Levan as correccións no final, polo que xa podedes correxir a ficha por ahí.

Non sexades tramposillos cando teñamos que facer outra, intentade facer a ficha primeiro, e logo correxides.

LENGUA

Recordad que muchas palabras se dicen igual en singular y en plural, por ejemplo paraguas.

Lo que hace que sea un paraguas o varios paraguas, es decir singular o plural, es el artículo que le ponemos delante:

el paraguas            los paraguas

Ejercicios:

Vémonos mañá ás 11: 30 a través do Hangouts. Tede a man a libreta de dúbidas e tede tamén algo pensado que contarlles aos compañeiros!

lidia

MÉRCORES, 22 DE ABRIL DE 2020

Bos e chuviosos días chic@s!

Continuamos a semana, hoxe traballaremos...

CIENCIAS NATURAIS

Déixovos un enlace a un novo vídeo de repaso do que levamos visto do tema5. A partir de aquí empezaremos a avanzar un pouco.

En documentos adxuntos tedes un caderniño de fichas de C.Naturais, descargádeo e gardádeo, porque o imos usar de vez en cando. Non fai falta imprimir as fichas, podedes ir facéndoas na libreta copiando os enunciados. Si a alguén lle resulta máis cómodo pode imprimilas, pero non o fagades ao loco! Imprimide soamente as que vaiamos facendo, e así non gastades tinta innecesariamente.

Hoxe facedes a ficha da páxina 33, copiades o aprende que trae ao principio a ficha, que é un repaso, e logo facedes os exercicios.

LENGUA CASTELLANA

Página 126. Ya hablamos en clase más de una vez del número de los sustantivos: singular y plural. Además el año pasado tambien lo trabajamos.

Recordad:

SINGULAR---------------UNO

PLURAL-------------------MÁS DE UNO

Sabiendo esto, vamos a hacer los ejercicios 1,2 y 3.

Luego os dais una vuelta por la casa y haceis una lista con 5 sustantivos en singular y 5 en plural. ATENCIÓN: pueden ser personas, animales o cosas y teneis que tener en cuenta que en los sustantivos en singular sólo los podeis poner si hay UNO en vuestra casa, porque si hay MÁS , ya tienen que ir en el grupo de plural. Entendido?

Esa lista me la mandais al correo electrónico a lo largo del día de hoy.

Y para trabajar un poquito más lúdico...un jueguecito de repaso.

http://ceiploreto.es/sugerencias/agrega_lengua/Sustantivo_genero_y_numero/contenido/index.html

Por cierto! Mañana es el día del libro, y creo que se está cociendo una sorpresilla por ahí. Estada atentos a la web o al facebook a ver que pasa.

¡Os dejo un adelanto de mi aportación!


Recordad que en el blog de la biblioteca también teneis un catálogo muy amplio de libros que podeis leer en la pantalla.


Mil bicos molones!

Seguide quedando na casa! Xuntos conseguirémolo!

Lidia



MARTES, 21 DE ABRIL DE 2020

Bos días chic@s!

CORRECCIÓNS MATEMÁTICAS.

Revisade os documentos adxuntos.

CORRECCIÓN GALEGO.

Recibín todos os correos menos o de Celia, a ver si hoxe o recibo!Guiño

Recordade que cando traballamos Lingua Galega, o que sempre vos digo que é o máis importante, é que vos esforcedes en facelo en galego. Polo que os correos non deberían ir escritos en castelán.

Como todos puxéstedes, o que nos ensina ese contiño é que todos temos unha forza interior que fai que sexamos capaces de facer cousas impresionantes.

Como vós, que estades esforzándovos por quedarvos na casa e ter unha boa actitude. A que se fai dous meses alguén vos preguntase se conseguiríades estar sen sair da casa 6 semanas enteiras lle diríades que nin de broma?

Bicos chic@s!

Lidia

NETFIT6

Bos días chic@s!

Aquí estamos outro martes máis para animarvos a mover un pouquiño o cu!Guiño

E hoxe deixovos cousiñas moi chulas e divertidas.

Recordade que tamén podedes ver as antigas entradas do blog, teñen enlaces e xogos para non aburrirse nada!

Empezamos cos máis peques, deixovos esta segunda parte de fichiñas con xogos para aprender, moverse e rir.

Entreno virtual especial para Educación Infantil.

https://view.genial.ly/5e83562ad5aa510e328a3b32/presentation-coronajuegos-psicomotricidad?fbclid=IwAR36YnOB53GFCMulXZioPV_EKTPVAXk2_3mWseVWNpiX-EhdmGxG4IHKhqc

Continuamos con un pouco de bailoteo?

Entrenamento virtual para os máis maiores...aínda que os máis peques tamén poden probalo!

https://view.genial.ly/5e8dfda6602d4b0e2626fec9/horizontal-infographic-review-ef-alfonso-alba?fbclid=IwAR1hjm7P97scLH1Rn0GP0WRMAzT8hVoUj0sPdE0oVS-8JQrE-nwU62bfFRM

Seguimos cun reto para rirnos un pouco e movernos, que é o importante!

https://www.facebook.com/ItsGoneViralOfficial/videos/566328437311780/

Súper idea para os que vivides nun piso, por si aínda non o vírades....

https://www.facebook.com/sbolekgrove/videos/10157863165551539/

E agora toca construír. Hoxe teño un novo xogo que me parece moi interesante par poder gozar en familia. Chámase LADDERBALL

Deixovos dous vídeos, un coas normas e outro explicando como podemos construílo na casa.

Outro enredo con propostas de xogo....


E por últmio un pouco de relaxación. Para que poñades a música que máis vos guste (un pouco relaxadiña mellor), collede unha colchoneta ou unha manta para poñer no chan e respirade con calma...

Espero que todos estes recursos vos sirvan de inspiración para crear novos xogos, aproveitar tempo de actvidade en familia e divertirvos moito.

Encantaríame ver as vosas fotos poñendo estas cousas en práctica!

cartamil8@gmail.com

Mil bicos chic@s!

Seguide quedando na casa, pero en movemento!

Lidia

Distribuir contido