Iniciar sesión: Acceso

blogue delidia

NETFIT9

Ola chic@s!

Como vos adiantei a semana pasada, esta ímola adicar ao xogo tradicional galego.

Déixovos varias propostas e anímovos, como sempre, a que me enviedes algunha foto ao meu correo electrónico cartamil8@gmail.com (unha foto por correo por favor).

Podedes descubrir algún xogo dos que vos propoño ou falar cos vosos familiares para xogar con eles a algún xogo ao que eles xogaban de pequenos. É unha boa ocasión para aprender a facer un enredo tamén!

Este é un resumo de un encontro de Xogos Tradicionais que organiza todos os anos XOTRAMU, unha asociación de Muimenta.

Páxina web de recursos en torno ao xogo tradicional.

Amplo traballo de recollida e descrición de xogos polas asociación XOTRAMU.

Imagen

Como contruír unha zoadeira de botón.

E uns exemplos de xogos de palmas que tanto me gustan e que xa fixemos no cole agunha vez.

MIL BICOS CHIC@S!

ESTÁMOLO CONSEGUINDO XUNT@S!

SEGUIDE QUEDANDO NA CASA!

LIDIA

MARTES, 19 DE MAIO DE 2020

Ola chic@s! Como vos dixen onte, aquí tedes o vídeo para correxir o caderiniño de Ricardo Carvalho Calero. Espero que vos guste!

Moitas grazas aos que participástedes!

Correcciones de Matemáticas:

Problema 1--Julia 10, Juan 18 e Tomás 21

Prooblema 2--12 verdes, 8 rojas, 17 amarillas

Problema 3--rotuladores 12, lápices 36

Problema 4--Adrián tiene 16 euros

Problema 5--105 minutos, o lo que es lo mismo, 1 hora y 45 minutos

Problema 6--Mateo 42, Lucas 34 y Santi23

ATENCIÓN---HAY UN ERROR EN LAS CORRECCIONES.

CUANDO SEPAS CUAL ES PORQUE NO COINCIDE CON TU RESULTADO Y ESTÁS SEGURO QUE A TI TE VA BIEN....ESCRÍBEME UN MENSAJE PRIVADO POR HANGOUTS PARA DECÍRMELO.

PON EL NÚMERO DEL PROBLEMA Y EL VERDADERO RESULTADO.

Mil bicos chic@s!

LUNS, 18 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Ben de fin de semana? Xa sabedes que onte foi o gran DIA DAS LETRAS GALEGAS!

Dende o cole fíxose un xogo sobre Ricardo Carvalho Calero, como vos foi? Xa me contaredes o venres, que temos videochamada.

Para seguir conmemorando un pouco o día, vou a deixarvos por aquí dous vídeos que me gustaron moito.

Este ten unhas actuacións de diferentes artistas galegos...

Este trátase dunha versión dun poema do autor homenaxeado...

Aínda que mañá non temos clase , deixareivos por aquí un vídeo coa corrección do caderniño do Seminario Galán sobre as Letras Galegas.

Algúns vos retrasades un pouco na entrega de deberes, e non puiden montalo antes. Entendo que ás veces non é posible facelo, pero na medida en que poidades, intentade esforzarvos e entregar as cousas por semana e cando as pido.É por unha cuestión de organización.

En canto a Matemáticas, en documentos adxuntos tedes un caderniño. Facedes os problemas 1,2,3,4,5 e 6. Recordade :

DATOS

OPERACIÓN

SOLUCIÓN

Son moi sinxelos, pero teredes que pensar un pouco!

Por último, tedes aquí un xoguiño para repasar un pouco o reloxo.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/ecuador/matematicas/3_horas_y_minutos/index.html

Recordade, mañá temos no blog as corrección do caderniño de Galego e as correccións de Mate.

Mil bicos molones!

Xuntos estámolo conseguindo!

Lidia.-

MÉRCORES, 13 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Como ides facendo o caderniño de Ricardo Carvalho Calero? Xa sabedes que si tedes algunha dúbida preguntádeme sen problema!

A actividade final da Semana das Letras Galegas imos facela o xoves, polo que estade atentos a páxina web do cole, algún misterio teredes que resolver...

O caderniño de actividades ímolo correxir o luns, estade atentos ao blog!

Déixovos tamén esta web que ten moita información, xogos e activiadades en galego relacionadas co mundo das letras.

Por outra banda, hoxe déixovos un novo vídeo de Ciencias Naturais, espero que vos guste!

Para velo en grande, tedes que clicar donde pon YouTube!

MIL BICOS MOLONES!

ESTÁMOLO CONSEGUINDO XUNTOS!Guiño

NETFIT8

Ola chic@s!

Benvidos un martes máis a clase de Educación Física!

Xa estamos na FASE 1, estámolo facendo tan ben que pouco a pouco imos recuperando nova normalidade. Temos que seguir facendo as cousas así de ben !

E como todavía nos toca quedarnos na casa un pouquiño máis, aquí tedes as miñas propostas para movernos un pouco!

Comezamos cos máis peques...

https://www.facebook.com/watch/?ref=saved&v=254973365551959

Seguimos con máis exercicios de coordinación para tod@s...

Este ano teríanse que celebrar  os xogos olímpicos 2020, pero tiveron que aplazarse por mor do virus. Déixovos este xogo aos maiores para practicar un pouco sobre eles...

No cole estamos celebrando a semana das Letras Galegas, e non nos podemos olvidar que nesta época sempre empezamos a traballar os xogos tradicionais. Empezamos con algo esta semana e continuaremos a seguinte.

Neste enlace veñen 12 xogos tradicionais. Anímovos a practicar algún nesta semana!

https://praza.gal/ducias/xogos-tradicionais-galegos

E rematamos con un pouco de baile tradicional para dar a despedida!

Mil bicos compañeir@s!

Xuntos conseguirémolo!

Seguide movendo o cu!

Distribuir contido