Iniciar sesión: Acceso

Educación Física

EN CAMIÑO....ATA ONDE CHEGAREMOS?

Hola familias!

Antes de nada, gracias pola vosa participación no proxecto.

Como vos dixen na presentación, vou a deixarvos uns enlaces que vos poden servir para engadir uns cantos pasos máis ao finalizar o día.

Facemos deporte en familia, se non pode ser ao aire libre, pois na casa!

16 VÍDEOS JUST DANCE PARA BAILAR NA CASA

http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/16-videos-just-dance-para-que-los-ninos.html?fbclid=IwAR2zd2kPI9_cjdPflaaxqs5JLLRSV1DGeXAKc_-dWJ6COOCvX0jnlBWXDdw

ALGUÉN SE ANIMA CON ESTE BAILE?

https://www.facebook.com/ibis.luna/videos/10220423267591020/

Algunha familia comunicoume que non contaba con medios para contar os pasos. Recórdovos que a actividade non é obrigatoria , pero que de querer participar, sempre podemos adaptala.

Podedes baixarvos unha das aplicacións que vos dixemos ao teléfono e que 30 minutos @ nen@ o teña gardado no peto mentres fai actividade física ou se move libremente. Ese dato resultante anotámolo na ficha, e xa está feita a nosa aportación ao camiño. Non é necesario anotar datos de todo o día, cada un como poida.

Outra opción que me comentou unha familia e me parece moi interesante, é a posibilidade de  contar os pasos que teño dende a miña habitación ata a cociña. Pensamos.....cantas veces ao día podo facer este traxecto? Multiplico, e xa teño un dato para aportar.

A idea do proxecto é animarvos a facer actividade física, propoñer un reto familiar, empregar as tecnoloxías para outros fins non tan cotiás e asociar todo isto coas Matemáticas e o cálculo.

O importante é que todos sumamos, cada un como poida!

Ánimo que chegamos!

Saúdos!

lidia

EN CAMIÑO....ATA ONDE CHEGAREMOS?

EN CAMIÑO...ATA ONDE CHEGAREMOS?

INMERSOS DE CHEO EN ANO SANTO XACOBEO, DENDE O COLEXIO QUEREMOS PROPOÑERVOS FORMAR PARTE DUN PROXECTO QUE EMPRENDEMOS.

QUEREMOS CHEGAR XUNTOS ATA SANTIAGO, PERO ...COMO O CONSEGUIREMOS?

A MAIORÍA DE NÓS TEMOS UN RELOXO INTELIXENTE, QUE PODE CONTAR OS PASOS QUE CADA DÍA FACEMOS. TRÁTASE DE IR ANOTANDO CADA DÍA OS PASOS QUE CADA MEMBRO DA FAMILIA FAI, PARA VER AO FINAL DA SEMANA, OS PASOS QUE ENTRE TODOS FIXEMOS.

ESES DATOS RECOLLERÉMOLOS NO  COLEXIO, E OS ALUMNOS DE 6º SERÁN OS ENCARGADOS DE XESTIONALOS E INTERPRETALOS.

SUMAREMOS TODOS OS PASOS DAS FAMILIAS PARTICIPANTES E VOS INFORMAREMOS DE ATA ONDE CONSEGUIMOS CHEGAR. ASÍ ATA COMPLETAR ENTRE TODOS O CAMIÑO!

O VENRES DÍA 29 DE XANEIRO RECIBIREDES A PRIMEIRA TÁBOA DE RECOLLIDA DE DATOS CUN ENLACE QUE EXPLICA COMO A TEDES QUE CUBRIR.

OUTRA POSIBILIDADE QUE TEDES DE CONTAR OS PASOS DIARIOS SE NON CONTADES  CUN RELOXO INTELIXENTE OU PODÓMETRO, É BAIXAVOS UNHA APLICACIÓN AO TELÉFONO. DÉIXOVOS ALGUNHAS OPCIÓNS:

GOOGLEFIT

STRAVA

STEP COUNTER

SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA, ESTAREMOS ENCANTADOS DE AXUDARVOS TANTO EU COMO O ALUMNADO DE 6º.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! É UNHA BOA EXCUSA PARA FACER DEPORTE EN FAMILIA, BUSCADE ENTORNOS NATURAIS E A FACER QUILÓMETROS!

A TRAVÉS DE ESTA PÁXINA TAMÉN VOS DEIXAREI ENLACES DIVERTIDOS PARA MOVERNOS E INTENTAR SUMAR ALGÚN PASIÑO MÁIS AO FINAL DO DÍA.

SAÚDOS!

LIDIA

RETO

DIRECTRICES DA OMS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E HÁBITOS SEDENTARIOS

Documento breve e conciso sobre hábitos sedentario e actividade física en todas as idades. Recomendo esta lectura a todas as familias para ser máis conscientes da importancia e a relación que o movemento ten coa saúde.

Nestes tempos nos que a saúde é tan importante, coidemos o noso corpo!

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe celébrase o día Internacional das Persoas con Discapacidade. Necesitamos un día así para darnos conta do gran esforzo de superación que teñen.

Grandes logros no eido deportivo conseguiron deportistas españois e mesmo galegos. No colexio tivemos a oportunidade de coñecer a Alvaro Illobre fai dous anos, cando veu co seu equipo o Basquetmi ; e Ángel Plácido López , o ano pasado, cando nos visitou por medio do Proxecto Enki.

Déixovos dous enlaces para coñecer máis a súa traxectoria.

E aquí tedes tamén algún vídeo para quedar coa boca aberta!

LOITEMOS POR UN MUNDO MÁIS RESPETUOSO E SOLIDARIO !

VALOREMOS O ESFORZO!

Distribuir contido