Iniciar sesión: Acceso

Educación Primaria, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS DE CINE INFANTIL EN EDUCACIÓN E VALORES

 

 

Continuando coas xornadas de cine infantil iniciadas o martes polo alumnado do terceiro ciclo que participou nelas co visionado de "CHÁMANME RADIO". Os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo acudimos a un filme titulado "VECIÑOS INVASORES". Houbo unha posterior charla-coloquio no teatro JOFRE de Ferrol. As xornadas foron organizadas pola Fundación LUMIÈRE e patrocinadas polo Concello de Ferrol.

  Na clase seguimos traballando cunha pequena ficha sobre esta película.

 


REPRESENTACIÓN TEATRAL RELACIONADA COA COEDUCACIÓN E A IGUALDADE

 

XORNADAS SOBRE A IGUALDADE (PATROCINADAS POLO CONCELLO DE FERROL)

 

  O día 7 de novembro participamos nunhas xornadas de igualdade asistindo a unha pequena respresentación teatral que tivo lugar no noso salón de actos. A través de duás personaxes femininas: unha muller de 82 anos (Maruxa) e unha nena de 11 (Alba), as dúas, avoa e neta van desvelando a evolución da situación da muller durante as últimas décadas confrontando a perspectiva actual coa pasada. Para isto, as personaxes saíron do seu escenario para interactuar coas nenas e nenos e así facerlles reflexionar sobre as situacións de igualdade que aínda rodean á muller.

 


SAÍDA POR FERROL E VISITA AO MUSEO NAVAL

O día 11 de outubro realizamos unha saída por Ferrol para visitar e coñecer algúns monumentos e edificios da nosa cidade. Nela abordamos unha pequena unidade didáctica que serviu de guía para a visita.

   No mesmo día os rapaces e rapazas do terceiro ciclo acudiron ao teatro Jofre para ver unha obra de teatro dedicada a Rosalía de Castro. O alumnado do segundo ciclo participou tamén nunha visita guiada ao museo naval e a un obradorio de nós mariñeiros.

 

1º e 2º CICLO NA PORTA DO MUSEO NAVAL

 

 

 

                           Alumnado do Terceiro Ciclo

UN VÍDEO NO DIA DE ROSALÍA

DIA DE ROSALÍA

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS A LIGAZÓN PARA VER O VIDEO QUE EN CURSOS ANTERIORES FIXEMOS PARA O CONCURSO "IMAXINA ROSALIA".

É O PROXECTO DE PRIMARIA, XA QUE O DE INFANTIL PODÉDELO VER A TRAVÉS DO SEU BLOG, QUE ESTÁ LIGADOA NESTA PÁXINA.

QUE LEMBRANZAS!!!!!!!!!!!!!

 

http://rosaliadecastro.org/wp-content/uploads/2013/01/LogoIndex.png

 

2º e 3º CICLO

ANIMÁDEVOS A ENTRAR NA AULA VIRTUAL E PRACTICAR NA CASA COAS ACTIVIDADES PROPOSTAS! APRENDER XOGANDO...O MELLOR PLAN!


Distribuir contido