Iniciar sesión: Acceso

OS SONS DO VENTO

Os sons do vento

   O catro de decembro asistimos a un espectácul didáctico- músical  no Teatro Jofre de Ferrol. Actividade organizada polo concello de Ferrol desde a concellería de Educación.,

 

Os Sons do Vento é un espectáculo dedicado aos instrumentos de vento no sentido máis amplo dapalabra. Aprendimos como se afina un órgano feito con botellas, vimos como se converte unha mangueira nunha trompeta. Escoitamos o son das caracolas de mar,  dun clarinete-regadeira, descubriremos que as cañas de bambú son instrumentos musicais, veremos como o saxo e a trompeta falan, rin, choran, rifan e pelexan.. Tamén vimos como se pode formar unha orquestra con xoguetes... e moito, moito máis.

Os intérpretes:

Pep Gol é trompetista, compositor, produtor musical, deseñador de extranos instrumentos musicais...

Pep Pascual toca os saxos, o clarineta, a tenora eo flabiol. Tamén é compositor.