Iniciar sesión: Acceso

8M

A semana pasada celebramos o Día Internacional da Muller e para iso contamos coa visita de Gemola e Carolina Rubirosa co seu proxecto "En clave de muller", grazas ao cal coñecemos a moitas mulleres importantes no mundo da música. Cantamos, bailamos e pasámolo xenial. Grazas as dúas!!!!

SON MARIÑA

Fai uns día tivemos a visita de Pantoso e o Doutor Neutronio que nos viñeron contar a historia de Mariña, unha nena celíaca que nos conta o seu caso para ser conscientes do que supón esta intolerancia alimentaria e o que se pode ou non comer.

PROGRAMA OBSERVA_ACCIÓN

Este curso todo o Claustro estamos a formar parte do Programa Observa_Acción: Desenvolvemento Competencial desde a observación e o intercambio entre iguais, que ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construcción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Nesta primerira fase do Programa, a observación é intracentros, polo que estas semanas e por parellas estivemos observando como traballamos, cunha mente aberta e sendo esponxas para poder aprender das nosas compañeiras. 

Distribuir contido