Iniciar sesión: Acceso

PROPOSTAS NOVAS

Ola familias!!!

Esta semana tiñamos novas propostas nos recunchos e fixemos diferentes actividades.

O primeiro foi coñecer máis sobre as xirafas e para despois axudar á xirafa Margarita, pois un fotógrafo sacoulle unha foto e cortoulle o pescozo, polo que nós tivemos que completala para que saise de corpo enteiro.

No recuncho de arte decoramos un sobres que empregaremos a vindeira semana.

No laboratorio transformámonos en detectives para emparellar copos de neve, pois uns eran tan pequenos que tivemos que empregar as lupas.

En lóxica matemática, despois de coñecer un pouco máis sobre os gorilas e os monos, decoramos as colas dos monos con contas de cores, pero cantas poñíamos? Pois o número que tiña o mono na barriga nolo dicía, desta forma traballamos a asociación de grafía- cantidade e a motricidade fina.

En lectoescritura tivemos que rescatar animais da selva que estaban atrapados e despois facer unha ficha de rexistro para que quedara constancia dos animais rescatados. Primeiro buscábamos a ficha co nome do animal traballando a conciencia fonolóxica e a iniciación á lectura, despois escribíamos de novo o nome e por último debuxábamos o animal, cada un coa estratexia que máis sinxela lle resultase.

Ademais na asemblea tivemos que formar decenas para pode empregalas en vindeiras sesións.

E para que as empregamos? Pois na asemblea temos unha nova rutina: a mestra di un número, buscámolo na táboa do 100, dicimos o anterior e posterior dese número e logo formámolo coas decenas e unidades de paus que fixemos o día anterior, traballando desta forma o concepto decena e unidade, o conteo de 10 en 10  e de un en un.

Esta semana tamén tivemos sorpresa: vimos como funciona o impresora 3D do cole para facer os nosos dados personalizados para o xogo de mesa da selva que estamos e elaborar este trimestre. Quedaron xenial e todo grazas ao papá de Duarte. Moitas grazas!!!

Noutra sesión rematamos os copos de neve que elaboramos con cola e sal a semana pasada. Nesta ocasión os pintamos con témpera azul e a sal estaba dura!!!

Noutra actividade axudamos ao gorila Maxi a recuperar a súa pelaxe pegando anaquiños de discos desmaquillantes polo seu corpo e tintándoos con auga de cor negra feita con colarante alimentario. Que ben o fixemos!!!

E por último, para conmemorar o Día da muller na ciencia que se celebra o día 11 de febreiro, coñecemos a Olimpia Valencia, a primeira muller galega xinecóloga. Para iso, cos retratos dela que coloreamos a semana pasada seguindo a técnica de Andy Warhol, elaboramos un mural cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos no que escribimos o seu nome e a súa profesión.

Xa estamos listos para comezar a vindeira semana cos mandados da Meca e celebrar o Entroido!!!