Iniciar sesión: Acceso

Blogues

FIN DE TRIMESTRE

Ola familias, 

aquí vos amosamos como foi a última semana do segundo trimestre.

O luns tivemos unha búsqueda de ovos pola clase seguindo as indicacións de frío, morno e quente. Todos atopamos un ovo e dentro había unha sorpresa: unha goma con forma de número.

En inglés, tanto nós como os nosos compañeiros/as de 3 anos xogamos ao bingo cos animais da selva, desta forma despedimos o proxecto da selva que tanto nos gustou.

Ademais preparamos a decoración da clase para a festa que tiña lugar o venres. O equipo de decoración decidiu que quería peixes e animais da selva e alá fomos nós a pintalos. 

O martes tivemos unha saída moi especial: ir a plantar aos Montes de Chá. Pásamolo xenial colaborando coa Asociación de veciños para reforestar os montes, desfrutando da natureza e compartindo momentos todos xuntos. Ademais tivemos unha merenda moi sa: pan e laranxa.

E por fin chegou o venres, estábamolo desexando. Tiñamos a festa de pixamas como final de trimestre que ao mesmo tempo foi unha xornada de convivencia de todo o alumnado de infantil.

Nas semanas previas e por equipos estivemos planificando e organizando todo o que necesitariamos, fomentando o traballo en equipo, a toma de decisións, chegar a acordos, respectar as opinións dos demais...

O equipo de comida fixo a lista da compra.

O equipo de decoración dixo que quería peixes, animais da selva, copos de neve, luces e unha manta.

O equipo de conto e película escolleron A pequena eiruga glotona e A Patrulla Canina.

E o equipo de xogos escolleu a pilla e adiviña que estou pensando, entre outros.

E na festa pasámolo xenial. Primeiro fixemos un xogo onde diciamos algo que nos gustaba dun compañeiro/a e lle pasabamos unha pelota. Despois xogamos de forma libre cos materiais da clase. A continuación merendamos elaborando os nosos propios bocadillos e tamén había zume, froita, galletas e cereais.

Despois do recreo contamos o conto seleccionado e bailamos aos son da música, xogando ás estatuas. E xa por último vimos un anaco da película comendo uns snacks.

Que día tan especial, bonito e divertido.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo.

Vémonos nuns días!! Felices vacacións!!!

NOVAS PROPOSTAS

Ola familias!!

Aquí vos amosamos as actividades que realizamos a semana pasada.

O luns, para despedir o inverno, contruimos entre todos un iglú con terróns de azucre. Pero claro se fosen bloques de xeo estarían moi fríos, por iso empregamos unhas pinzas para coller os terróns, traballando así a nosa motricidade fina.

Despois situamos un pingüín en diferentes posicións con respecto ao iglú (diante, detrás, lonxe...) traballando así a orientación espacial.

Ademais estimamos cantos terróns empregamos para construir o iglú. Para iso nunha folla en branco anotamos o noso nome e a nosa estimación. Ninguén acertou o número exacto, pero moitos estiveron cerca.

Tanto nos gustou o de contruír que no recuncho do laboratorio experimentamos de forma libre con este material.

Como proposta de lóxica matemática tivemos que buscar nas fichas de dominó todas aquelas que sumando os seus puntiños tiveran o mesmo número que o que nos indicaba a casiña. Desta forma traballamos o conteo, a asociación de grafía- cantidade e a atención.

Ademais, relacionada coa Pascua, outra das propostas foi formar ovos de diferentes cores segundo unhas tarxetas. Isto conleva que estemaos moi atentos as cores indicadas e que as nosas mans sigan collendo forza.

O martes fixemos un experimento coa profe Lidia no que inchamos uns globos sen usar a boca e apagamos unhas velas facendo maxia.

Esta semana vivimos como a unha compañeira se lle caía un dente mentres merendaba. Qué emoción sentimos todos!!! Tivemos que gardalo ben para que non o perdese e o levase para a casa para deixarllo ao Ratonciño Pérez.

Como proposta de lectoescritura tiñamos que identificar a inicial duns debuxos para despois poder "ler" a palabra secreta que escondía cada tarxeta. Ademais os peques de 5 anos tamén a formaban en minúscula para seguir familiarizándose con elas.

A profe Begoña encargounos unha misión: decorar uns ovos de Pascua para que formasen parte do mural que está a facer, desenvolvendo así a nosa creatividade.

E como remate da semana, por equipos xogamos a diversos xogos de mesa fomentando así o respecto polas normas do xogo: ao memori para traballar a nosa atención e memoria.

O xogo dos tres porquiños para traballar a orientación espacial e resolver os diversos retos.

O dominó para seguir avanzando na lóxica- matemática.

E tamén estreamos un xogo da mesa da selva "Speed jungle" no que a atención e a memoria son as nosas ferramentas para salvar o maior números de animais posible antes de que o león se desperte.

Ata a próxima semana!! E estades moi atentos porque imos celebrar o fin de trimestre dunha forma especial.

QUE ESTIVEMOS FACENDO?

OLA, OLA!

POR AQUÍ ANDAMOS DE NOVO PARA QUE VEXADES AS DIVERSAS PROPOSTAS NAS QUE ESTIVERON TRABALLANDO AS NENAS E NENOS NESTAS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS.

NA MESA SENSORIAL ATOPÁRONSE CON FOLLAS SECAS (QUE RECOLLERON XA FAI UN TEMPO) E TESOIRAS. ESTA ACTIVIDADE ERA LIBRE E A INTENCIÓN ERA QUE MANIPULARAN AS TESOIRAS LIBREMENTE PARA CONTINUAR AFIANZANDO O SEU EMPREGO.

NO RECANTO DE LÓXICA E CONSTRUCIÓNS, ADEMAIS DOS MATERIAIS QUE HAI SEMPRE, XOGARON COAS REGRETAS DE CUISENAIRE, UN MATERIAL QUE NOS OFRECE MÚLTIPLES POSIBILIDADES EN CANTO Á LÓXICA-MATEMÁTICA SE REFIRE E QUE EMPREGAREMOS MÁIS ADIANTE DUN XEITO MÁIS CONCRETO E DIRIXIDO. ESTE FOI UN PRIMEIRO ACHEGAMENTO E, POR SUPOSTO, ESTE MATERIAL DEULLES PÉ A FACER DISTINTAS CONSTRUCIÓNS.

CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO 8M, CREAMOS UN RECANTO NA AULA COAS FOTOS QUE LLES FACILITÁCHEDES DAS MULLERES DAS SÚAS VIDAS. FOI UNHA ACTIVIDADE MOI BONITA E EMOTIVA, POIS CADA UNHA/UN AMOSABA AS SÚAS FOTOS MENTRES EXPLICABA QUEN ERA A PERSONA QUE NELAS APARECÍA E PORQUÉ ERA IMPORTANTE NA SÚA VIDA. AS SÚAS CARIÑAS DE EMOCIÓN AO FALAR DE VÓS FORON MARABILLOSAS. QUEDOUNOS UN RECANTO MOI CHULO!

CONTINUAMOS TAMÉN AVANZANDO NO PROXECTO DESTE 2º TRIMESTRE E COÑECIMOS  2 ANIMAIS NOVOS: A CEBRA E O HIPOPÓTAMO.

RESPECTO Á CEBRA, DESCUBRIMOS QUE É NEGRA CON RAIAS BRANCAS, NON Á INVERSA COMO PENSÁBAMOS!! ISTO CHAMOUNOS MOITO A ATENCIÓN. FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE DE GRAFISMO QUE CONSISTIU EN PINTAR A CEBRA DE NEGRO CON CERAS E, POSTERIORMENTE, FACERLLE AS RAIS BRANCAS CON PINCEL E TÉMPERA.

EN CANTO AO HIPOPÓTAMO, DESCUBRIMOS QUE TEÑEN UNHA BOCA ENOOOOOORME E QUE SON ANIMAIS MOI PESADOS!! ADEMAIS DE QUE PODEN AGUANTAR DEBAIXO DA AUGA ATA 5 MINUTOS.

GRAZAS Á PROFE ROCÍO, QUE NOS DEIXOU O XOGO DO TRAGABOLAS, PASAMOS UN BO RATO RINDO E XOGANDO.

INICIAMOS TAMÉN A ESCRITA DOS NÚMEROS DO TABOLEIRO QUE FORMARÁ PARTE DO XOGO DE MESA QUE AS NENAS E NENOS SE LEVERÁN PARA AS CASAS AO REMATAR ESTE 2º TRIMESTRE. CADA DÍA IDENTIFICAMOS MÁIS GRAFÍAS E ATA AVENTURÁMONOS NA ESCRITA DAS MESMAS.

PARA REMATAR ESA SEMANA, FIXEMOS UN XOGO DE DISCRIMINACIÓN AUDITIVA CUNS BLOQUES CON SONS DISTINTOS. O OBXECTIVO ERA ATOPAR AS PARELLAS DE CUBOS QUE SONABAN IGUAL.

O VENRES TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPEIAL. VEU A MAMÁ DE ROQUE A PREPARAR CON NÓS PETIT SUISSE DE FRESA!!! CORTAMOS AS FRESAS E OS PLÁTANOS, MESTURAMOS CON QUEIXO DE UNTAR, BATEMOS A NATA, MEZCLAMOS TODO E A COMER!!!

POR ÚLTIMO, DESPEDÍMONOS DA XORNADA PINTANDO LIBREMENTE CON XEO CON COLORANTE ALIMENTICIO SOBRE PAPEL CONTINUO. SEGUIMOS ASÍ SUMANDO MOMENTOS DE COMPARTIR, FALAR, VIVENCIAR...

PASADA A FIN DE SEMANA, DEMOS COMEZO A OUTRA CON NOVAS PROPOSTAS.

NA MESA SENSORIAL TIÑAN Á SÚA DISPOSICIÓN DIVERSAS FERRAMENTAS COMO CULLERES, PINZAS... PARA COLLER OS POMPÓNS DE CORES E CLASIFICALOS SEGUNDO A SÚA COR NOS DIFERENTES VASIÑOS.

NO RECANTO DAS LETRAS, ATOPÁRONSE COAS RODAS FONOLÓXICAS E PINZAS, COA FINALIDADE DE QUE SINALARAN CUNHA PINZA AS PALABRAS QUE COMEZABAN CO SON REPRESENTADO NO MEDIO DA RODA. CONTINUAMOS ASÍ AVANZANDO NA DISCRIMINACIÓN DE SONS E NA CONCIENCIA FONOLÓXICA.

NO RELACIONADO CO PROXECTO, DESCUBRIMOS POR FIN PARA QUE DEBUXAMOS FAI UNS DÍAS AS NOSAS MANS EN FOLIOS DE CORES. FIXÉMOLO PARA COLOCARLLE AS PLUMAS AO LORO!!!

ESA SEMANA DESCUBRIMOS TAMÉN O CAMALEÓN. UN ANIMAL QUE TEN UNHA LINGUA MOOOOOI LONGA COA QUE ATRAPA, ENTRE OUTRAS COUSAS, OS BECHIÑOS QUE COME. ADEMAIS TEN A CAPACIDADE DE CAMUFLARSE, POLO QUE CADA QUEN SELECCIONOU A ACUARELA DA COR QUE PREFERIU. É SORPRENDENTE COMO AVANZARON NA SÚA PRECISIÓN TANTO AO COLLER O PINCEL COMO AO COLOREAR.

O OUTRO ANIMAL SOBRE O QUE APRENDIMOS A SEMANA PASADA FOI O RINOCERONTE, HERBÍVORO QUE TEN VARIOS CORNOS DUNHA SUBSTANCIA CHAMADA "QUERATINA", A CAL FORMA PARTE DA COMPOSICIÓN DO NOSO PELO E DAS UNLLAS. ADEMAIS, ENCÁNTANLLES OS BAÑOS DE BARRO.

NESTA COASIÓN, TIVERON QUE MONTAR UN QUEBRACABEZAS NADA SINXELO PERO QUE RESOLVERON MOI BEN!!

POR ÚLTIMO, RECIBIMOS Á NAI DE NICO PARA FACER UNHA RECEITA MEXICANA. ELABORAMOS BURRITOS DE XAMÓN E QUEIXO BOÍSIMOS AOS QUE, QUEN QUIXERA, PODÍA ENGADIRLLES CENORIA, LEITUGA E TOMATE. ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!!

ATA A PRÓXIMA!!!

SEGUIMOS AVANZANDO

Ola familias!!!

Aquí vos deixamos un resumo das actividades desta semana.

No recuncho da casiña estivemos traballando coas nosas mans cosendo as siluetas dalgúns animais da selva.

Tamén pintamos un tucán con ceras Manley que logos difuminamos con bastonciños.

Ademais pintamos as fichas do xogo de mesa: negra, verde e laranxa.

Levamos para a casa os nosos prismáticos de exploradores cos que podemos observar todo o que pasa ao noso redor.

Co xogo Logic city traballamos a orientación espacial, tan importante para outros aspectos como a lectoescritura e plasmar debuxos no papel.

Fixemos diversas operacións, diferenciando a suma da resta, o conteo e a grafía dos números.

Preparamos a portada dos nosos traballos decorando unha cometa con diversos grafismos creativos, tan importantes para a escritura.

Nesta ocasión tocounos preparar a ficha da receita que fixemos coa mamá de Roque e coa que, cando as teñamos todas, formaremos un libro de receitas saudables grazas ás familias.

Tivemos a sorte de contar coa visita de persoas que forman parte do Proxecto ENKI que nos falaron dos deportes que practican. Grazas!!!

Para traballar o esquema corporal, decoramos as nosas bolsas nas que levaremos os traballos deste trimestre. E que mellor que debuxarnos a nós mesmos.

Na clase de arte estampamos follas nunha cartolina branca que será o fondo do tucán que fixemos anteriormente.

E por suposto xogamos coa plastilina, para fortalecer as nosas mans e desenvolver a nosa creatividade.

Ata a próxima semana!!! Bicos!

Distribuir contido