Iniciar sesión: Acceso

NOVAS ACTIVIDADES

Ola!! xa estamos de volta por aquí para contarvos todo o que estivemos facendo estes días.

Nos recunchos tivemos diversas propostas. No laboratorio tiñamos que coller boliñas de pinpon cunha culler e ordelas nunhas oveiras para formar decenas ao mesmo tempo que afianzamos a serie numérica.

No de lecto clasificamos flashcards cos nomes dos animais da selva segundo o seu número de sílabas.

Tamén estivemos coa nosa eiruga Cody traballando un pouco a robótica.

Comezamos coa elaboración do noso taboleiro do xogo de mesa da selva que imos levar para a casa a finais de trimestre. Nesta ocasións escribimos os números nas casillas, o cal nos permitiu repasar a serie numérica e a grafía dos números.

No recuncho de lóxica matemática tiñamos un caos coas cartas de póker, tivemos que ordealas.

Outra das propostas do laboratorio foi xogar con auga e os trasvases para traballar a motricidade fina e a coordinación óculo- manual.

No recuncho de arte comezamos a pintar os nosos prismáticos elaborados con materiais de refugallo que nos fúchedes aportando as familias. Grazas!!!

Tamén nos gusta ir moito á zona da selva onde temos todos os libros e xogos que nos troúxechedes as familias. Moitas grazas!!

En inglés estamos familiarizándonos co vocabulario dos animais da selva xogando e manipulando. Nesta ocasión asociamos cada animal coa súa sombra ao mesmo tempo que dicimos o seu nome nesta lingua.

Como nos gustan as apertas que nos damos, incluso nos caemos. Sorriso

Tamén fomos de excursión ao Aquarium onde puidemos ver de novo a Nemo e Dori, ver como comen as focas, e demais animais mariños que alí nos atopamos. Encantounos!

Estivemos elaborando tamén unhas gotiñas de auga para conmemorar o Día da non violencia e a paz con mesaxes de paz.

Tivemos tamén unha sesión de xogos de mesa para traballar diversos aspectos: lóxica matemática co xogo dos monos, expresión oral e descripcións co Quen es quen?, atención e orientación espacial co Speed cups, e vocabulario e atención co Zingo, esta vez en castelán.

Dentro do proxecto da selva coñecemos ao león e o elefante e por iso estivemos cortando a melena do león para afianzar o traballo coas tesoiras, a motricidade fina e a coodinación óculo manual, e as series formando a trompa do elefante.

Ademais fixemos unha parte dunha actividade de arte na que tivemos que botar cola formando un copo de neve e logo lle botamos sal por enriba. Vimos que despois dun tempo queda dura. Agora tócanos realizar a seguna parte. Que teremos que facer?

E por último comezamos a preparar a celebración do día da muller na ciencia. Nesta ocasión empregamos a técnica de Andy Warhol. Pronto vos amosaremos o resultado. Guiño

A próxima semana máis!!