STOP NON QUERO QUE...

Na aula de 2º, o alumnado traballou diversas tarefas en torno á defensa dos dereitos da infancia e en contra de todo tipo de violencia. Escoitamos e aprendemos as cancións de "La puerta violeta" de Rozalén, e tamén, "Depende de los dos" que é un proxecto educativo dos centros CRA Alto Gállego e CEP Puente Sardas para traballar a coeducación nas aulas.

Empezamos "STOP non quero que..." para que o alumnado cada vez que se sinta mal poida sinalar o STOP, e pedir axuda.