SAMAÍN

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 

Xa chegou a celebración máis terrorífica do curso: o Samaín. Este ano preparamos moitas cousas para festexalo. Decoramos o cole con cabazas e frankestein feitos con pratos de cartón, fixemos uns banderíns para decorar a clase de monstruos, tamén pintamos un mural dun castelo terrorífico... ademais celebramos o tradicional Concurso de cabazas Terroríficas.

Se queredes ver o ben que nos quedaron preme na imaxe.

 

Unha vez que estivo todo preparado , chegou a celebración. Preparamos diferentes cancións e bailes. A clase de 1º e 2º cantamos e bailamos a canción do grupo MAMACABRA, Monstruos e demais. Pasámolo xenial! Déixovos a canción para que tamén a cantades na casa!

 

 Preme na imaxe para ver máis fotos da celebración