FELICITACIÓN 2º

O ALUMNADO DE 2º DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS

Queremos desexarvos unha felices vacacións e que o pasedes moi ben nestas festas. Vémonos á volta!

 

CONCERTO DE MAMÁ CABRA

O alumnado de primeiro disfrutou dun concerto do grupo Mamá Cabra que levaba por título "A Fraga do meu avó", así como dun encontro, donde se falou da importancia de coidar e protexer a fauna e flora autóctonas de Galicia.

ELECCIÓNS DE 2º EP

A clase de 2º estivo de eleccións. Aproveitando o que estamos a estudar en ciencias Sociais, sobre o noso Concello e como se elixen aos nosos gobernantes decidimos facer unhas eleccións para elixir ao encargado do día. Na mesa electoral saíron elixidos Noa Moledo como presidenta e Andrés e Noa Antelo  como vogais.  O máis votado foi  Antonio.

O MAGOSTO DE 2º

A clase de 2ºcelebrou o día do magosoto degustando as ricas castañas e aprendendo a facer debuxos deste delicioso froito.

 

 

DÍA DO PEÓN

O pasado venres celebramos o tradicional concurso de bailar o peón. Este ano a gañadora de 2º foi Noa Antelo que tivo como premio un peón  novo. Parabens Noa!!

 

 

FESTEXAMOS O SAMAÍN

 

A CLASE DE 2º CELEBRA O SAMAÍN

Un ano máis chega a festa máis terrorífica do ano. Decoramos o cole con farois de mostros, fixemos un concurso de fotos do Samaín que gañou Bruno e viñemos disfrazados : vampiros, vampiresas, esqueletos, Frankenstein, Lobishomes, presos tolos.... Pasámolo de meeedoooo!!!!!