Mirade que atopamos no patio hoxe!!!que interesante!
nen@s: isto que é profe?son babosas, nooo lesmas, están poñendo ovos, non é baba, no é a mamá e o seu bebé, por que ten un buraco na cabeza? Mirade un cempés, no é unha barbosa e é venenosa etc
Que ganas de saber e aprender teñen estes nen@s!!! Pois a INVESTIGAR!!!
@S NEN@S DE 1º E 2º DE PRIMARIA ANIMÁRONSE A CONTARNOS UNS CONTOS TOTALMENTE IMPROVISADOS NA BIBLIOTECA !!! TEMOS UNS/UNHAS ARTISTAS E QUE MEDOOO PASAMOOOSSSS!!!
O xoves 26 de maio, o alumnado de 1º e 2º tivemos en Razo unha sesión de surf moi divertida!!!!!
Izan enviounos unhas fotos moi chulas da súa faceta de cociñeiro, practicando as recetas que hai na mochila viaxeira. Moi ben Izan!!! Noraboa!!!
Con motivo da semana do libro, visitounos no cole a compañía de teatro Ghazafelhos cunha obra titulada "A máquina do tempo". É unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Foi unha obra moi divertida!!!
O alumnado de 1º e 2º, acudiu a un obradoiro no cole de como facer bocatas moi variados. Foi moi interesante!!!