Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Xaneiro 2020

O NOSO COMPOSTEIRO.

Hoxe recibimos a visita do técnico do composteiro que ademais de decirnos como se fai compost, que debemos botar nel, onde o debemos situar para ser máis efectivo....

Ademais tamén nos ensinaron unha chea de bichiños que axudan nesta labor...

QUEN VIVE AHÍ?

Seguindo co plan Revitaliza da Deputación de pontevedra e dentro do proxecto Voz Natura que este ano estamos levando a cabo o alumnado de Infantil e segundo de primaria.

O alumnado de Segundo estiveron aprendendo moito sobre os diferentes intrusos que poden favorecer a nosa horta. A través dun xogo pasárono moi moi ben.

ECOCOL E A COMPOSTAXE INFANTIL

 

Dende a Deputación de Pontevedra,  co programa Revitaliza, tivemos a sorte de poder desfrutar dunha mañá moi divertida coa actividade Ecocol e a compostaxe infanti.

Nesta actividade aprendimos como se fai o compost, como podemos aproveitar os restos dos alimentos para prantar plantas, e que animais viven nesta terra.

Coñecimos a Ecocol un caracol moi traballador ao que lle gustan moito todas as verduriñas que nos sobran para a compostaxe..

Vimos un video da elaboración do compost.

E como non podía ser doutra maneira plantamos unha planta con esta terra tan rica en nutrientes.

Gustóunos moito esta actividade. Esperamos que vos guste.

 

 

 

 

A NOSA HORTA

 

Este ano no proxecto Voz Natura decidimos facer a nosa propia horta. Para elo o primeiro que fixemos foi pedirlle axuda a Miguel para que nos colocara a madeira que o Concello nos donou.

Logo tamén o Concello nos trouxo terra e compost... e pouco a pouco fumos enchendo de terra. A verdade que traballamos moito pero gustounos moito e quedounos moi moi ben.

Estamos desexando que veña o bo tempo para poder plantar as nosas verduriñas...

 Esperamos que vos guste moito.



by Dr. Radut