Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

MIÑOCAS

BÚSQUEDA DE MIÑOCAS (ALOMBRICES COMO ELES DIN)

Dende que puxemos en marcha o composteiro estamos moi ilusionados co seu funcionamento.

Para isto todos os días que merendamos froitas o encargado baixa o cubo das mondas dos plátanos, da mazá, das uvas....

E como sabemos que as miñocas (aínda que para eles son Alombrices) son boas para o compost o outro día descubrimos que no noso patio había un montón delas e aproveitamos para collelas, botalas na carretilla e levalas ao noso composteiro. Ao primeiro non nos atrevíamos a collelas coa man, facíanos cóxegas pero logo gustounos tanto que ata os maiores se uniron a axudarnos.

Mirade que ben o pasamos.

Distribuir contido


by Dr. Radut