Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Equipo Tic

O equipo de TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) no curso 2020-2021 está integrado polos seguiste mestres: 1. Caperán Rodríguez Lorena 2. Casado couto Eva ( Tamara Seoane Gesteiro) 3. López Rodríguez Raquel 4. Rodríguez Cisneros Francisco Javier Coordinadora TIC e Coordinadora E-DIXGAL: Miriam Rodríguez Vázquez

AULA VIRTUAL

Os nosos rapces e rapazas están comezando a entrar e realizar tarefas na Aula Virtual do cole. 

Eles/elas mesmos entran co seu usuario e contrasinal e acceden aos contidos e tarefas publicados polos mestres no espazo virtual do centro. 

Aquí deixamos algunhas fotos do alumnado de 3º de Educación Primaria entrando na Aula Virtual do seu curso. 

 

 

FORMACIÓN AULA VIRTUAL

O profesorado do centro está formándose en Ferramentas Dixitais e máis concretamente en AULA VIRTUAL dotando así ao centro dun espazo interactivo no cal mestres e alumnos darán continuidade a actividade didáctica en caso de confinamento ou na modalidade de ensinanza online. 

Iniciando Proxecto E-DIXGAL!

 

  O CEIP Fontes Baíña pon en marcha o LIBRO DIXITAL por primeira vez. O centro foi integrado no proxecto E-DIXGAL este curso escolar 2020-2021.

As alumnas e os alumnos de 5º de Educación Primaria comezan a desenvolver a súa actividade educativa nun entorno virtual de aprendizaxe, que lles permite acceder a contidos dixitais.

 

 

ALUMNAS E ALUMNOS DE 5º EP COA SÚA TITORA MIRIAM.

PROXECTO TICS. TRAILER "LA ESCUELA"

Proxecto TICS: Trailer realizado polo alumnado de 6º de primaria do colexio Fontes Baíña.
Grabado e montado con IPhone, a partir dunha idea escollida por todos. 
Tempo empregado para a realización deste proxecto dúas sesións, como premio polo seu traballo no primeiro trimestre.
 
 
 
 
 
 

CURSO 2019-2020

DIGICRAFT

De novo no curso 2020-21 participamos no PROGRAMA DIGICRAFT na escola. 

DigiCraft é un programa educativo en colaboración co departamento de innovación da Xunta de Galicia dirixido a rapazada entre 6 e 12 anos de cara a desenvolver neles e nelas o máximo de competencias relacionadas co mundo dixital de xeito natural e con ferramentas tecnolóxicas emerxentes como : robótica, realidade aumentada, videoxogos, intelixencia artificial. 

O profesorado participante  realizou previamente formación en 2 itinerarios para logo implementar as actividades na aula por medio de materiais altamente motivantes (Cubo Mergue, Robots, Códigos QR, placa MAKEY MAKEY, etc).

 

 

 

 

ROBÓTICA EN INFANTIL

As tecnoloxías este curso teñen un papel esencial no cole....alumnado e profesorado están a tope en materia TIC

A robótica comeza a formar parte das actividades dos máis peques do centro ....empregaron un ROBOT seguidor de rotulador para traballar o trazo, a motricidade fina e grosa, diferentes percorridos....pasárono xenial!!!!

 

 

Iniciándonos na ROBÓTICA !

As alumnas e os alumnos de Educación Infantil e Primaria iniciáronse na robótica. As actividades realizadas durante as xornadas STEM foron:

  • ROBOTS GARABATEADORES
  • ROBOTS PINTORES
  • PLACA MICR0BIT CON SCRATCH

Seguiremos practicando!!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> XORNADAS STEM

Programa DIGICRAFT

No curso escolar 2019-20 solicitamos o Proxecto DIGICRAFT na escola da Fundación Vodafone.  No curso 2020-21 continuamos nel.

Os días 20, 21,22, 27, 28 e 29 de Octubro os mestres do CEIP Fontes Baiña recibimos formación sobre Realidade Aumentada, Códigos QR, 3D, creación de videoxogos entre outras actividades que ao longo do curso poremos en práctica co noso alumnado.

Iremos colgando as actividades que se realicen que de seguro terán un impacto positivo no centro e no nosos rapaces mellorando notablemente a súa competencia dixital

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut