Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

15 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO/A CONSUMIDOR/A

O Día Mundial dos Dereitos do/a Consumidor/a, celébrase todos os anos o 15 de marzo.
Celébrase nesta data debido a que un 15 de Marzo de 1963, o presidente dos EEUU John F. Kennedy, pronunciou un discurso ante o Congreso do seu país, sobre os dereitos dos consumidores. Uns anos máis tarde, o movemento de consumidores comezou a celebrar todos os 15 de marzo o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.

Este día realízase co fin de aumentar a conciencia en todo o mundo sobre os dereitos que teñen os consumidores, promover e tamén esixir os seus dereitos fundamentais.



story | by Dr. Radut