Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

IMOS AO CINE A VER MAIMIÑO

Hoxe luns comezamos a semana o alumnado de 1º, 2º e 3º indo ao Auditorio de Baiona para ver o filme Maimiño. Despois visitarán a Carabela e merendarán no parque da Palma.

 

A película Maimiño que no 2014 pasou pola carteleira de Cuba convertendose na máis taquilleira da historia da illa. Maimiño é o primeiro filme galego-cubano de animación, un proxecto realizado por Ficción Producións coa colaboración do ICAIC (Instituto Cubano da arte e Industria Cinematográficos). A cinta fai unha versión libre do conto infantil Pulgarcito.

A película relata a historia dun pequeno campesiño que, para sacar á súa familia da pobreza, inicia un longo camiño cheo de aventuras. A revisión de Pulgarcito incorpora unha metáfora da sabedoría e a intelixencia e enxalza valores como o amor, a amizade, a honra e a xustiza.rcito de José Martí.



story | by Dr. Radut