Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

EXPOSICINE

O broche final a un curso complicado pero xenial e productivo foi "EXPOSICINE" ao longo do ano traballamos O CINE como proxecto multidisciplinar de aula por medio da  mestura  dos difentes contidos e temáticas das diferentes áreas do currículo. 

Do 16 ao 21 de xuño  o alumnado e profesosorado puido visitar no segundo andar do centro unha pequena exposición do traballo realizado polo alumnado de EXPERIMENT-5º ao longo de todo o curso 2020-21  agás as presentacións en formato dixital.

Días antes repartiron un tríptico informativo polas diferentes aulas de primaria e infantil e confirmaban a asistencia e a hora para non coincidir varias aulas á vez. 5 alumnas e 1 alumno foron as encargadas de amosar a exposición mantendo as medidas de seguridade e hixiene pertinentes. A distribución do espazo foi circular e por recunchos ben diferenciados por temáticas: xéneros do cine, expresión plástica, premios, lapbook, películas, ditos de cine, historia do cine, vocabulario de cine,etc.

Asistiron a totalidade de grupos do centro e todos/as quedaron encantados/as .....

certo é recibiron moi boas críticas!!!!!

 

Tríptico informativo.

Entrada á exposición.

Recunchos nos cales se organizou por catergorías o material.

Distribución circular. 

 

 

 

 

GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut