Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Día de Rosalía de Castro

  Con motivo do Día de Rosalía de Castro que celebramos o 23 de febreiro, interpretamos en versión RAP o seu poema "Cantarte hei, Galicia" de Cantares Gallegos.

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo.

 

Xornadas STEAM 2024

O alumnado de 6º de Educación Primaria participa no programa Inspira STEAM.

Este é un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en accións de sensibilización e orientación, que imparten mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía. O corazón do proxecto son as mentoras, que de maneira voluntaria, achegan o seu día a día a nenas e nenos a través de seis sesións de traballo en horario lectivo. Todas elas son científicas e tecnólogas que desenvolven a súa actividade profesional en diferentes ámbitos: académico, empresarial, investigación, xestión etc.

Durante as sesións de traballo trátanse temas como os estereotipos que nos rodean, o traballo ou mulleres e ciencia ao longo da Historia. Con estes encontros entre mentoras,  nenas e nenos quérese axudar a disipar dúbidas e obxeccións sobre as profesións en ciencia e tecnoloxía, a clarificar as súas motivacións e a afianzar a súa autoestima para iniciar o devandito camiño profesional, se así o desexan.

 

No seguinte link podedes ver un vídeo que explica moi ben o proxecto:

https://www.youtube.com/watch?v=sUvCFR4nWRA&t=17s

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> xornadas STEAM

Está soando...

Para o MÉRCORES o MECO manda...

Día Escolar da Paz e da Non Violencia

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia a ritmo da canción "O xogo da carrasquiña".

Pincha na imaxe para acceder ao vídeo

O meco manda...

INAUGURAMOS A AULA DE CONVIVENCIA

O 30 de xaneiro de 2024, Día Escolar da PAZ E A NON VIOLENCIA inauguramos a AULA DE CONVIVENCIA disfrutando dun obradoiro de SONOTERAPIA impartido por Wellness Experiencia. Foi unha xornada na que disfrutamos alumnado e profesorado a través de diferentes estímulos sonoros promovendo unha sensaciòn integral de calma e benestar.

PINCHA NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO.

 

 

 

Está soando...

II DESFILE INFANTIL *ENTROIDO 2024*

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O CURSO 2024/2025

Distribuir contido


by Dr. Radut