Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

3 de decembro: día internacional das persoas con discapacidade

A Asociación Juan XXIII é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa co fin de promover un entorno positivo onde as persoas con discapacidade teñan a oportunidade de mellorar a súa calidade de vida. O seu centro ocupacional, pretende dar impulso á promoción socio-laboral das persoas con discapacidade intelectual, perseguindo ademais da súa máxima inclusión na comunidade, unha produtividade óptima, o seu resultado tradúcese en produtos de gran calidade elaborados na súa totalidade no taller de Carpintería. 

Grazas ao orzamento concedido nos contratos programa CP Innova (Edusostibilidade) e CP Inclúe (Convíve-T) noso cole conta con xogos fabricados en madeira de pino polas persoas que traballan na asociación Juan XX III. 

Para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade, os membros da asociación Juan XXIII, acompañados polas súas mestras e mestres,  achegáronse ao noso colexio para xogar con todo o alumnado. Co alumnado de infantil realizaron teatro de sombras signado.

 Agora a convivencia nos patios é máis divertida, podemos xogar a...

Dalle na cor, Puntería, Labirinto, Hockei, O galiñeiro, Atina no furo, Labirinto vertical, Torre xigante, 5 en liña, Lanza os aros, 4 en raia grande

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Xogos para mellorar a convivencia


album | by Dr. Radut