Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

1ª Acampada no CEIP Fontes Baíña- xuño 2023

A 1ª acampada no CEIP Fontes Baíña foi todo un éxito!

A continuación achegamos un vídeo con algúns dos bos momentos vividos!

Grazas a todas e a todos !

Feliz verán!

 

Listaxe de LIBROS DE TEXTO para o curso 2023-2024

Estimadas familias:

En ficheiro adxunto podedes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

clica na imaxe

 

Sesións de xogos pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero.

As xogadoras dos equipos do plan de patrocinio de equipos de alta competición de Galicia visitaron o noso cole como REFERENTES á hora de poñer en valor a importanica do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida.

Presentaron xogos ao alumnado de 5º EP que evocan a desigualdade de xénero no deporte para invitarlles á reflexión.

Álbum: Curso 2022-2023 -> xogos igualdade

Festa da auga

O último día de clase celebramos a festa da auga no cole.

Fixemos diversos xogos e ata tivemos un tobogán inchable, foi xenial!!

E para rematar a mañá tivemos a festa da escuma!

Grazas a nosa ANPA por traernos este inchable tobobán tan molón! e grazas tamén pola festa da escuma!

Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos para clausurar o curso 2022 - 2023!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festa da auga

Acto de graduación

O martes 20 de xuño tivemos o acto de graduación dos grupos de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.

Foi un día moi emotivo para toda a comunidade educativa e moi especialmente para o alumnado e as familias destas dúas clases.

Gozamos de diversas actuacións que realizaron os nenos e nenas que se graduaban así como da actuación do dúo Tonichi y Pacheco.

Podedes ver unha mostra do talento que hai no cole nos seguintes vídeos.

Agardamos que vos gusten!!

 

Actuación de 6º de EP

Actuación de 6º de EI

Danza das Espadas interpretada polo alumnado de 6º de EP

Vídeo de despedida do alumnado de 6º de EP

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación

Excursión de Fin de Curso

O 14 de xuño todo o centro realizou a excursión de fin de curso. 

Comezamos o día en VigoZoo onde varias guías nos foron levando polas instalacións e contándonos a historia dos animais que están actualmente alí.

Rematada a visitamos, fomos comer e experimentar con todos os recursos que ofrece o Parque O Son do Regueiro, en Mos.

Foi un día moi completo no que o pasamos moi ben!!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión Fin de curso

Excursión Ao Grove

Os días 26, 27 e 28 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a excursión de fin de curso ao Grove.

Estiveron acompañados de dúas mestras do centro e dos monitores e monitoras do Camping Os Fieitás que foi onde se aloxaron durante os tres días.

Realizaron diversas actividades: xogos na praia, snorkel, kayak, veladas nocturnas, escalada no rocódromo, baixada en tirolina...

Foi unha moi boa experiencia para coñecerse mellor fóra do contexto escolar.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Excursión O Grove

Recomendacións lectoras para o verán!

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA para o curso 2024-2025 (novo alumnado)

Comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no CEIP Fontes Baíña para o curso 2024-2025 foille asignada

O prazo para a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño.

En arquivos adxuntos podedes descargar a documentación necesaria:

 

  1. Impreso de formalización de matrícula
  2. Impreso para solicitar Transporte Escolar e Optativas
  3. A documentación necesaria podedes vela a continuación:

 

Surf en Patos

O pasado 19 de maio o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitamos a

Escola de Surf de Patos.

Pasárono moi ben e disfrutaron moito!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Surf en Patos
Distribuir contido


by Dr. Radut