Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Benvida ao novo alumnado do CEIP Fontes Baíña

Ao inicio de cada curso escolar, con todo o noso agarimo e alegría damos a BENVIDA ao CEIP Fontes Baíña aos novos compañeiros e novas compañeiras que comezan o cole, e tamén damos a benvida ás novas profes!

O alumnado de 4º curso de Educación Infantil será recibido oficialmente ao inicio do próximo curso escolar, posto que esta semana está co Período de Adaptación.

Grazas ao alumnado de 6º de Educación Primaria pola súa axuda co paracaídas!

 

 

Álbum: *Curso 2023-2024* -> Benvida ao novo curso escolar 2023-2024

Está soando...

Durante o curso 2023-2024...Canta, Baila, Emociónate!

Comezamos o curso 2023-2024 ao son de "We Go Together" 

O claustro do CEIP Fontes Baíña dámosvos a BENVIDA a toda a comunidade educativa ao novo curso escolar, no cal traballaremos como proxecto anual a música e a expresión corporal:

Canta, baila, emociónate!

*clica na imaxe para ver o vídeo*

ORGANIGRAMA CEIP Fontes Baíña

   CLICA NA IMAXE PARA LER O ORGANIGRAMA DO CEIP FONTES BAÍÑA

 

CALENDARIO ESCOLAR *CURSO 2023-2024*

 CLICA NA IMAXE para ler a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

1ª Acampada no CEIP Fontes Baíña- xuño 2023

A 1ª acampada no CEIP Fontes Baíña foi todo un éxito!

A continuación achegamos un vídeo con algúns dos bos momentos vividos!

Grazas a todas e a todos !

Feliz verán!

 

Listaxe de LIBROS DE TEXTO para o curso 2023-2024

Estimadas familias:

En ficheiro adxunto podedes consultar a listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

clica na imaxe

 

Sesións de xogos pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero.

As xogadoras dos equipos do plan de patrocinio de equipos de alta competición de Galicia visitaron o noso cole como REFERENTES á hora de poñer en valor a importanica do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida.

Presentaron xogos ao alumnado de 5º EP que evocan a desigualdade de xénero no deporte para invitarlles á reflexión.

Álbum: Curso 2022-2023 -> xogos igualdade

Festa da auga

O último día de clase celebramos a festa da auga no cole.

Fixemos diversos xogos e ata tivemos un tobogán inchable, foi xenial!!

E para rematar a mañá tivemos a festa da escuma!

Grazas a nosa ANPA por traernos este inchable tobobán tan molón! e grazas tamén pola festa da escuma!

Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos para clausurar o curso 2022 - 2023!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Festa da auga

Acto de graduación

O martes 20 de xuño tivemos o acto de graduación dos grupos de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria.

Foi un día moi emotivo para toda a comunidade educativa e moi especialmente para o alumnado e as familias destas dúas clases.

Gozamos de diversas actuacións que realizaron os nenos e nenas que se graduaban así como da actuación do dúo Tonichi y Pacheco.

Podedes ver unha mostra do talento que hai no cole nos seguintes vídeos.

Agardamos que vos gusten!!

 

Actuación de 6º de EP

Actuación de 6º de EI

Danza das Espadas interpretada polo alumnado de 6º de EP

Vídeo de despedida do alumnado de 6º de EP

Álbum: Curso 2022-2023 -> Graduación
Distribuir contido


by Dr. Radut