Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Está soando...

Samaín 2023

 

Pincha na imaxe para reproducir o vídeo

Está soando

CELEBRAMOS CON BIBLÚ O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este martes conmemoramos con BIBLÚ o Día das Bibliotecas e o seu primeiro aniversario!

PARABÉNS, Biblú!!

PINCHA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

 

PROXECCIÓN "LA PRIMERA VUELTA AL MUNDO"

Esta mañá visitounos o persoal da concellería de Baiona para proxectar no salón de actos do cole para todo o alumnado  "LA PRIMERA VUELTA AL MUNDO". O motivo foi a recente celebración da primeira volta ao mundo de Juan SEbastián Elcano o pasado mes de setembro.

Ao finalizar agasalláronos con dous libros para traballar a emoción do MEDO posto que se aproximan datas de SAMAÍN E HALLOWEN!!

Moitas grazas!

Está soando

OS PEQUES DO COLE COÑECERON A "BIBLÚ"

Como se achega o DÍA DAS BIBLIOTECAS, esta mañá os peques de 4º de Educación Infantil acudiron a biblioteca do cole a coñecer a súa mascota, BIBLÚ  a cal diseñaron o curso pasado alumnos do cole.

Sairon da súa aula coa misión de chegar a biblio e atopala coas tres pistas que lle dera a súa profe:

1. Gústalle agocharse entre os contos

2. É de cor BLUE.

3. Ten un ollo con forma de corazón.

E con estas pistas non tardaron moito en descubrir a BIBLÚ!!!

SESIÓN DE BOLOS CELTAS

 

Esta semana o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Prima disfrutou dunha sesión de BOLOS CELTAS impartidas polos monitores Jairo e Leo da Federación Galega de bolos. Moitas grazas!!!

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

 

O pasado 29 de setembro conmemoramos no cole o DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR.Preténdese fomentar hábitos físicos e de hixiene saudables.

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN

O pasado xoves tivemos a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de ECOPERCUSIÒN, no que tocamos instrumentos de percusiòn reciclados, nesta ocasiòn tocamos cubos con dúas baquetas e algúns ata puideron tocar bidòns!! Pròximamente será o turno para familias e profes, a ver se conseguen sonar tan ben coma os nen@s!

Distribuir contido


by Dr. Radut