Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

Na procura da igualdade

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizaou as seguintes actividades:

  1. Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade(marcados cunha pegatina violeta)
  2. Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo e Reflexión co alumnado.
  3. Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.

CONCERTO ARDELUME LETRAS GALEGAS 2021

Para conmemorar as Letras Galegas 2021 o grupo de integración de Baíña ARDELUME deunos un  fermoso concerto: LETRAS GALEGAS 2021 XELA VAN PARA TI!

Moitísimas GRAZAS!!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ARDELUME - LETRAS GALEGAS 2021

PLANETA HORTO

Fai uns días chegounos por sorpresa un agasallo ao CEIP:

Urban garden trolley kids! Un carro de xardín urbano infantil!

Todo o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL coa axuda do noso conserxe Miguel e as profes sementamos leitugas, cenorias e ourego.

Agardamos que a colleita sexa boa!!!

 

 

 

 

LOITA LIBRE

Hoxe o Servizo Provincial de Deportes de Vigo estivo no noso CEIP ensinando LOITA aos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

GRAZAS pola labor de presentar actividades de promoción deportiva nos centros educativos.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> LOITA LIBRE

Excursión de convivencia e fin de curso 5º e 6º de Educación Primaria

As alumnas e alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria estiveron 3 días e 2 noites de excursión no camping OS FIEITAS, no Grove.

A experiencia foi moi boa !! Voltaron todos e todas ben, algo afónicos da emoción pero moi felices!

Álbum: Curso 2020-2021 -> Excursión fin de curso 5º-6º ED. PRIMARIA

SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS PARA O CURSO 2021-2022

INFORMAMOS QUE REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/202 NON SERÁ PRECISO BAREMAR, POSTO QUE AS DEMANDAS NON SUPERAN AS PRAZAS OFERTADAS.

A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA REALIZARASE DO 20 AO 30 DE XUÑO.

SUBIREMOS A WEB O IMPRESO.

SAÚDOS!

2 de abril: Día Mundial da concienciación sobre o Autismo.

Estimadas familias:

O próximo 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. 

As persoas con TEA deben ter as mesmas oportunidades para expresar o seu potencial tanto no ámbito da educación como no mundo laboral, grazas a entornos accesibles e apoios axeitados.

Para promover a inclusión o CEIP FONTES BAÍÑA súmase á campaña promovida por Autismo España, baixo o lema -Podo APRENDER. Podo TRABALLAR-

Cómo participar?

Cada neno e cada nena elixe unha ferramenta que represente unha das súas habilidades e suxétaa coa man.

Fai unha foto sostendo ou usando a ferramenta.

Envia a foto xunto co nome do/a neno/a e unha frase ás titoras ou á seguinte dirección de mail: fontuga20@gmail.com

 Moitas grazas a todas e a todos por participar!

 

Iniciándonos na ROBÓTICA !

As alumnas e os alumnos de Educación Infantil e Primaria iniciáronse na robótica. As actividades realizadas durante as xornadas STEM foron:

  • ROBOTS GARABATEADORES
  • ROBOTS PINTORES
  • PLACA MICR0BIT CON SCRATCH

Seguiremos practicando!!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> XORNADAS STEM

NOVIDADES DE FONTUGA!

Nosa mascota FONTUGA trouxo unha morea de CONTOS

para comezar o 2021 LENDO na nosa Biblioteca!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut