Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Informamos que está aberto o prazo para a reserva de praza no entro adscrito IES PRIMEIRO DE MARZO.

 

A solicitude debe presentarse no CEIP FONTES BAÍÑA ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

 

O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2022, ambos incluídos.

 

Normativa de aplicación:

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 (código de procedemento ED550A e ED550B).

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Anexo I (solicitude) 

Enlace da aplicación coas instruccións para cubrir a solicitude https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

 

 

 

 

O CEIP Fontes Baíña agarda que pasedes un BO NADAL

 

 

Test de antíxenos gratuitos en farmacias para nenas e nenos entre 5 e 11 anos

 

  • A partir do LUNS día 20 as farmacias ofrecerán 1 auto test gratuito por nena 

  • neno entre 5 e 11 anos.

  • Clica na imaxe para ler a noticia.

Proxecto do Colexio "do Benquerer" da asociación Meniños

O  alumnado de 5º de Educación Primaria está participando no proxecto do Colexio "do Benquerer" da asociación Meniños. A través do mesmo realizará actividades para traballar a educación afectivo sexual, a igualdade e a educación emocional.

 

Actividades extraescolares do curso 2021/2022

 

Estas son as actividades extraescolares que arrancaron no colexio. Aínda estás a tempo de apuntarte!

 

Día Hora Actividade Alumnado  
Luns 16.00-17.00 h Fun English  Ata 2.º primaria  
  17.00-18.00 h English  Desde 3.º primaria  
Martes 16.00-17.00 h Patinaxe  Infantil e primaria  
Mércores 16.00-17.00 h Intelixencia emocional  Infantil e primaria  
Xoves 16.00-17.00 h Mecanografía e informática  Desde 3.º primaria  
         
         
         
         

 

 

Ampliamos o prazo de inscrición nas actividades ata o xoves 30 de setembro de 2021! 

Velaquí a proposta de actividades extraescolares organizadas pola ANPA para o curso 2021/2022: 

 

Día Hora Actividade Alumnado Prezo
Luns 16.00-17.00 h Fun English  Ata 2.º primaria  15 €
  17.00-18.00 h English  Desde 3.º primaria  18 €
Martes 16.00-17.00 h Patinaxe  Infantil e primaria  15 €
  16.00-17.00 h  Apoio educativo  Primaria  15 €
Mércores 16.00-17.00 h  Intelixencia emocional  Infantil e primaria  20 €
Xoves 16.00-17.00 h   Mecanografía e informática  Desde 3.º primaria  18 €
  16.00-17.00 h  Teatro  Infantil e primaria  15 €
         
         

 

As actividades comezarán en outubro se hai un mínimo de oito alumnos/as por grupo.

A inscricións nas actividades poderase realizar ata o 24 de setembro a través da páxina web da empresa Yeah Activities.

A empresa atenderá calquera dúbida técnica por teléfono no número 662 965 411.

Lembrámosvos que para participar nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA é necesario ser socio/a desta. A cota por familia (12 €) poderá pagarse por transferencia na conta ES31 2080 5528 56 3040000778 indicando no concepto o nome e apelidos do alumno/a.

 

CAMPAMENTO URBÁN CONCELLO DE BAIONA

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona achega información sobre o Campamento Urbán que terá lugar no mes de Agosto para nenos e nenas de 5 a 12 anos. O prazo de solicitudes está aberto ata o 23 de xuño de 2021.

Enlace á información:

 

https://www.baiona.gal/cultura/aberto-o-prazo-do-campamento-urbano-de-veran-gratuito-que-ofrece-o-concello-de-baiona/

 

https://www.edu.xunta.es/webmail/imp/view.php?ajaxui=1&actionID=view_attach&id=2&uid=39869&mailbox=SU5CT1g&uniq=1623845467119

Na procura da igualdade

Para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o equipo de biblioteca organizaou as seguintes actividades:

  1. Búsqueda pola biblioteca de libros de igualdade(marcados cunha pegatina violeta)
  2. Experimento: reparto desigual da recompensa; as nenas reciben unha menor recompensa polo mesmo traballo realizado só polo feito de ser muller.Proxección de un vídeo e Reflexión co alumnado.
  3. Exposición de libros de igualdade nos 2 recunchos lectores da IGUALDADE.

CONCERTO ARDELUME LETRAS GALEGAS 2021

Para conmemorar as Letras Galegas 2021 o grupo de integración de Baíña ARDELUME deunos un  fermoso concerto: LETRAS GALEGAS 2021 XELA VAN PARA TI!

Moitísimas GRAZAS!!!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> ARDELUME - LETRAS GALEGAS 2021

PLANETA HORTO

Fai uns días chegounos por sorpresa un agasallo ao CEIP:

Urban garden trolley kids! Un carro de xardín urbano infantil!

Todo o alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL coa axuda do noso conserxe Miguel e as profes sementamos leitugas, cenorias e ourego.

Agardamos que a colleita sexa boa!!!

 

 

 

 

LOITA LIBRE

Hoxe o Servizo Provincial de Deportes de Vigo estivo no noso CEIP ensinando LOITA aos alumnos/as de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

GRAZAS pola labor de presentar actividades de promoción deportiva nos centros educativos.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> LOITA LIBRE
Distribuir contido


by Dr. Radut