Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

BAILE DAS ESPADAS

Libros de texto curso 2021/2022

 

Adxuntamos libros de texto para o curso 2021/2022

En 5º e 6º de Primaria traballaremos co Proxecto EDIXGAL polo que todos os nenos e nenas recibirán un ordenador ao principio de curso.

 

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA para NOVOS/AS ALUMNOS/AS- CURSO 2021-2022

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

DO 23 AO 30 DE XUÑO.

Horario: de 10:00 a 13:00 H

DOCUMENTACIÓN NECESARIA EN ARQUIVOS ADXUNTOS:

  1. ANEXO III

OBRA DE TEATRO DANIELA PIRATA

 As alumnas e alumnos de 6º curso de Educación Primaria interpretaron o conto: DANIELA PIRATA para conmemorar o 8M- DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-
Nun principio tiñamos previsto que actuaran para Educación Infantil pero o éxito da obra foi tan grande que finalmente fixeron pases para toda primaria!
A continuación podedes acceder ao vídeo coa fantástica interpretación!!
NORABOA!!!
 

Videoconferencia con LEDICIA COSTAS!

O alumnado de 6º de primaria falou por videoconferencia con LEDICIA COSTAS!

Fixéronlle moitas preguntas que Ledicia respondeu de moi bo agrado!

Agora xa sabemos un pocuo máis dunha escritora que comezou a súa andaina na infancia, con tan só 6 anos de idade.

GRAZAS INFINITAS e ata o próximo curso. Teus libros forman parte do noso proxecto lector!

Campaña escolar de fotoprotección ISDIN

Esta mañá acudiu ao noso cole Vanesa, farmacéutica e nai da nosa alumna MARTA de 4º EP. Veu a presentarnos a campaña escolar de fotoprotección ISDIN. Tras arranxar algún problema técnico a presentación foi todo un éxito! Todas e todos os nenos e nenas do cole recibiron os consellos para fotoprotexer ben a pel! Tamén se lles fixo entrega de un diploma para que non esquezan a información recibida e agasallos como unha pulseira fotosensible e mostras de crema solar faciais que o próximo luns nos protexerán do sol, posto que iremos pasar o día ao monte de Nigrán (Monteferro).

Moitas GRAZAS á farmacia de CRISTINA LOPERENA de Baiona pola labor de concienciarnos sobre a importancia do hábito dunha protección solar axeitada dende a infancia.

 

ISDIN SUN LAB 26 ANIVERSARIO

Álbum: Curso 2020-2021 -> Campaña ISDIN

"Mirando as praias con outros ollos"

Coincidindo co 8 de xuño, día mundial dos OCÉANOS e por medio da Unidade de Culltura Científica e Innovación da Universidade de Vigo, hoxe no cole o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo unha charla con ANA BERNABEU:  "Mirando as praias con outros ollos". Falamos dos tipos de praias, da vida que teñen, o efecto das mareas, efectos negativos nas praias e concienciación medioambiental. Puidemos ver diferentes tipos de area e comparala según a zona: Aveiro (Portugal), Oregón (USA), Tenerife e Alicante.

Grazas a UVigo por axurdar a concienciarnos nunha labor tan importante!

XUNTAS E XUNTOS PROTEXEMOS O QUE IMPORTA.

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO MAR

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Co gallo do Día mundial do Medio Ambiente a CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE de Baiona acudiu ao noso CEIP para impartir unhas charlas moi didácticas sobre a reciclaxe, co obxectivo de divulgar e dar a coñecer o servizo que o Concello de Baiona ofrece en canto á recollida selectiva.

Grazas ao alcalde de Baiona CARLOS GÓMEZ PRAZO e á concelleira de medio ambiente ROSA MARÍA DOMÍNGUEZ RODA por acudir ao noso CEIP e colaborar nunha labor tan importante e necesaria como é a de concienciar ao alumnado da importancia de coidar a nosa fermosa vila.

As charlas foron impartidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación primaria, aos cales se lles fixo entrega dun díptico con toda a información (ADXUNTO). Presentaronse os servizos municipais que os veciños e veciñas de Baiona teñen á súa disposición: recollida na rúa(envases, papel, vidro, roupa e aceites),punto limpo, así como a importancia de separar os residuos, non deixar nada tirado na rúa e chamar á liña 900 para asesorarse ante calquera dúbida ou solicitar a recollida de residuos de gran volume.

No noso CEIP xa contamos con un composteiro, alégranos saber que nun futuro non moi afastado, instalaranse na maioría dos municipios.

 

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> OBRADOIRO RECICLAXE

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS

A protección civil do Val Miñor impartiu no CEIP aos mestres unha formación en Primeiros Auxilios moi importante e necesaria: ensináronnos e practicamos técnicas de RCP(Reanimación Cardio Pulmonar), maniobras en atragantamentos, posición lateral de seguridade,actuación ante diferentes tipos de hemorraxias, posibles traumas, ataques epilépticos, desmaios, así como o uso do desfibrilador. Todo con unha introducción teórica e práctica ante diferentes situacións que nos podemos encontrar non só no ámbito laboral senón tamén no cotidiano.

MOITAS GRAZAS POLO EXCELENTE TRABALLO QUE DESEMPEÑADES!

Álbum: Curso 2020-2021 -> FORMACIÓN 1º AUXILIOS

VISITA AO IES 1º DE MARZO

As alumnas e alumnos de 6º de Ed. Primaria visitaron o IES 1º DE MARZO !!

Como está moi preto do noso CEIP fomos andando, a baixada foi rápida pero a subida costou un pouco máis...

Os alumnos/as do IES foron os nosos anfitrións e anfitrioas; ensináronnos traballos feitos por eles mesmos e explicáronnos como funciona o clube de lectura e a biblioteca. Tamén coñecemos algún mestre que nos ensinou a magnífica aula de Tecnoloxía.

Moitas Grazas á NURIA (Vicedirectora do IES) e a ANA (Orientadora) por recibirnos cun sorriso e ensinarnos o IES con tan bo trato.

Nuns meses nosos alumnos/as comezarán unha nova, importante e moi enriquecedora etapa, a Educación Secundaria e o Bacharelato !!

 

Álbum: Curso 2020-2021 -> VISITA AO IES 1º DE MARZO
Distribuir contido


by Dr. Radut