Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

COMPARTINDO SOÑOS

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE- 3 decembro-este curso convidáronnos a COMPARTIR SOÑOS con outros centros educativos en praia América. 

Agradecemos ao Centro Juan María e á súa directora SOLE o convite,

pasamos un día moi bonito!

 

 

A continuación podedes ver os vídeos e algunha  noticia de prensa sobre a xornada de convivencia: 

 

 Vídeo cometas:  https://youtu .be/OtsZ3J1lYj8

 

Vídeo resumo do acto en Praia América:  https://youtu.be/Uu2FjwwF-No

 

A noticia dende a páxina de Reporteros en Red con 2 vídeos incluidos:

 

https://centrojuanmaria.wixsite.com/reporterosenred/single-post/d%C3%ADa-internacional-de-las-personas-con-discapacidad-centro-juan-mar%C3%ADa-2022

 

Galería en prensa de 28  fotos do acto:

 

https://www.farodevigo.es/fotos/comarcas/2022/12/03/cometas-dar-vuelo-inclusion-79500736.html?utm_source=mail&utm_medium=social&utm_campaign=btn-share

 

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> COMPARTINDO SOÑOS

MAGOSTO 2022

No propio día do SAN MARTIÑO -11 de novembro- festexamos o MAGOSTO no noso monte preferido: CHAN DA LAGOA!

Agradecemos a JUAN- Presidente da comunidade de montes- por facerse cargo do orzamento do autobús que en dúas viaxes subiu ata o monte ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria subiu andando

custodiado pola policía do Concello de BAIONA!

 Nun fermoso día de sol gozamos coa visita dos garranos,  saímos a buscar o pico, asamos as castañas e merendamos nun entorno insuperable e marabilloso!

Álbum: Curso 2022-2023 -> MAGOSTO 2022

BOLOS CELTAS

Na semana do 21 ao 25 de novembro tivemos o pracer de gozar dunhas

sesións de Bolos Celtas impartidas por  LEO, unha xogadora de Camos.

Forma parte da Federación Galega de Bolos patrocinada pola Secretaría Xeral do Deporte e do programa Xogade.

Os nenos e nenas desfrutaron moito e mostraron un grande interese por este deporte popular galego.

Leo lembrounos a historia dos Bolos Celtas, as súas variedades e as técnicas necesarias para poder xogar e competir. Informounos de que a Federación está a subvencionar as pedras e as redes de protección para confeccionar un campo de xogo nos colexios que así o soliciten e en iso estamos para o noso CEIP. Os xogos populares forman parte do currículo da materia de Educación Física e contar cunha xogadora dese nivel é unha experiencia inesquecible para todos e todas.

Moitas grazas Leo! Agardamos volver a verte moi pronto!

Álbum: Curso 2022-2023 -> BOLOS CELTAS

Obradorio de chapas polo 25 N

 Para conmemorar o 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, o 2º curso do ciclo superior de Animación Sociocultural e Turística do módulo de Actividades de Ocio e Tempo Libre, impartido por Nuria Fernández Segade, profesora e vicedirectora do IES 1º de Marzo, estivo no noso CEIP impartindo un obradorio de chapas cos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria!

Acto seguido, noso alumnado de 5º de Educación Primaria impartiu o obradoiro cos alumnos e alumnas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. 

Moitísimas grazas  a todas e a todos polo empeño e profesionalidade desenvolvidos!!!

Nuns días contaremos coa nosa propia máquina e realizaremos un obradoiro co lema elexido no CEIP en contra da violencia e o novo LOGO da IGUALDADE do CEIP Fontes Baíña.

Álbum: Curso 2022-2023 -> 25 N 2022

Os nosos montes

O grupo de 6º creamos un vídeo para manifestar o rexeitamento aos incendios que destrúen os nosos montes.

En concreto, centrámonos no monte que temos ao carón do cole e que se viu afectado este verán.

 

Podedes acceder ao vídeo pinchando na seguinte imaxe.

 

25 Novembro 2022

     Título da canción: BOLBORETAS POLO VENTO

Autor: JOSE CARLOS GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

Ao piano:EVA FERNÁNDEZ REINALDO

25 N con CLARA CAMPOAMOR

O 25N CLARA CAMPOAMOR (Mónica Sueiro) visitou o cole para reflexionar co alumnado de 6º EP sobre o maltrato e os dereitos das Mulleres.

Clara Campoamor defendeu os dereitos femininos nas cortes españolas. Conseguiu que as mulleres tivesen dereito ao voto. Foi unha loita dura, demostrou que as mulleres teñen as mesmas capacidades que os homes, os mesmos dereitos a elexir.  Falamos de mulleres da historia como CLEOPATRA, ISABEL II, JUANA LA LOCA, NELLI BLY, SOPHIE  GERMAN, ROSA PARKS..., e tamén das mulleres iranís.

Se non se pode exercer a liberdade de nada nos serve. So sendo libres podemos aprender o que é a liberdade.

Grazas ao CIM  e a Concellería de Igualdade!

Álbum: Curso 2022-2023 -> MÓNICA SUEIRO

DÍA MUNDIAL DA DIABETE:14 DE NOVEMBRO

Para conmemorar o día mundial da DIABETES todo o alumnado do cole aistiu a dous espectáculos de contos creados por RAQUEL QUEIZÁS, en colaboración coa Asociaición de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia (ANEIDA), co obxectivo de integrar a diabetes nas escolas:

  • NANO TEN DIABETES
  • HISTORIAS AZUIS

 

 

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> RAQUEL QUEIZÁS

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA!

No día das Bibliotecas Escolares de Galicia *24 de outubro de 2022* con moita Alegría inauguramos a nosa BIBLIOTECA CREATIVA !!!
 
Ao acto de inauguración acudiron as seguintes persoas:
 
  • SR XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN DE PONTEVEDRA: CÉSAR ARES
  • SR INSPECTOR DE EDUCACIÓN: EDUARDO SECO
  • SR CONCELLEIRO DE VÍAS E OBRAS: ÓSCAR MARTÍNEZ
  • SRA CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE: ROSA DOMÍNGUEZ
  • DIRECTORA DO CPI COVA TERREÑA: ISABEL MARTÍNEZ
  • SECRETARIA DO CPI COVA TERREÑA: MARU ÁLVAREZ
  • COORDINADORA DA BIBLIOTECA DO CPI COVA TERREÑA: IRIA CHAPELA
  • DONA MARGARITA PÉREZ, (nosa anterior e querida inspectora)
  • DON XOSE MANUEL IGLESIAS: NOSO ASESOR ABALAR
  • DON DIEGO BARREAL: COORDINADOR DO PLAN DIXITAL
  • DON  PABLO SUÁREZ: EDITORIAL SANTILLANA
  • DONA ANA Mª ALAR: NOSA REPRESENTANTE DA ANPA
  • CLAUSTRO DE MESTRES DO CEIP FONTES BAÍÑA
  • ALUMNADO DO CEIP FONTES BAÍÑA
  • O MAGO DAVID MÉNDEZ
 
Coa axuda do alumno +xoven de 4º de infantil- LUKA e a alumna máis maior de 6º  de primaria- MARTA, cortouse o Lazo que deu por inaugurada a nova Biblioteca Creativa!!
 
O Mago David Méndez, cortesía da Editorial Santillana, realizou un fabuloso espectáculo de maxia e presentou á nova mascota: BIBLÚ.
 
Repartíronse as 2 mochilas viaxeiras: a mochila da Biblioteca Creativa e a mochila da Igualdade.
 
Para finalizar o acto realizamos fotografías e vídeos no Croma do novo espazo creativo.
 
O CEIP agasallou a todo o alumnado cun marcapáxinas e un doce.
 
 
GRAZAS A TODAS E A TODOS POR ACOMPAÑARNOS NUN DÍA TAN ESPECIAL E IMPORTANTE!!!
Álbum: Curso 2022-2023 -> INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA

CONSELLO ESCOLAR: RENOVACIÓN PARCIAL

Estimadas familias: Ao longo do mes de novembro estase a realizar a renovación parcial do

CONSELLO ESCOLAR do CEIP Fontes Baíña.

Os CENSOS ELECTORAIS están publicados no taboleiro do CEIP

Na secretaría do CEIP ou en arquivos adxuntos podedes descargar a papeleta de presentación de candidatura.

O prazo de presentación de candidaturas comeza o 11 e remata o 18 de novembro.

o 21 de novembro ás 08:50H no salón de actos do CEIP realizarase o SORTEO PÚBLICO dos membros das mesas electorais.

A xornada de votacións será o martes 29 de novembro.

 

Elecciones al Consejo Escolar 2018 – IES Goya

 

ARQUIVOS ADXUNTOS:

  • RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA
Distribuir contido


by Dr. Radut