Skip to Content

                       

vese un gif animado sobre o que está soando no fio musical

I FEIRA CIENTÍFICA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria acudiu ao mercado de Sabarís para visitar  a (I) FEIRA CIENTÍFICA organizada polo IES VAL MIÑOR  e o IES 1º DE MARZO.

Grazas ao mestre do IES VAL Miñor (Marcos Lago) por convidarnos e grazas á codirectora do IES 1º de Marzo (Nuria) por compartir o transporte! 

Foi unha alegría ver a antigas alumnas exercendo de grandes científicas

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> I FEIRA CIENTÍFICA

Programa XOGADE

Dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia, o noso alumnado de 5º de Primaria participa en tres sesións de Iniciación ao Voley impartidas polo monitor Santiago.

Na cuarta sesión participaremos con outros centros nunha xornada de convivencia de dito deporte no IFEVI.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Programa XOGADE

VÍDEOS do concerto na Biblioteca Creativa

Para conmemorar o día da Paz, o día de Rosalía de Castro e o 8 de Marzo, o alumnado de educación primaria interpretaron tres cancións ao remate do 2º trimestre.

Noraboa a todos e a todas , foi moi emotivo e fermoso escoitar cantar aos nosos alumnos e alumnas acompañados/as ao piano pola mestra de música Eva Fernández Reinaldo.

 

A continuación podedes ver os vídeos:
 
VÍDEO 1: ALUMNADO 1º e 2º de EP
 
Video 2: ALUMNADO DE 3º e 4º de EP
 
Video 3: ALUMNADO DE 5º e 6º DE EP

LLamémoslo por su nombre

O 2 de abril é o día mundial do autismo. Acompañados/as por Elisa González, psicóloga do gabinete Arcoiris, e Patricia López da Asociación Peques Azuis, falamos do TEA, da campaña LLamémoslo por su nombre, os falsos mitos, reflexionamos e visualizamos dous vídeos que nos axudaron a comprender cómo son e procesan a información os nosos compañeiros con TEA.

 
  • AUTISMO. Llamémoslo por su nombre: https://youtu.be/WM8d39oFBD4
  • SUCEDEN COUSAS ASOMBROSAS (ENTENDENDO O AUTISMO):  https://youtu.be/wex4aLnDZVw


 

Álbum: Curso 2022-2023 -> 2 abril: día mundial de concienciacón do Autismo

Programa BOSQUE ATLÁNTICO

O alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria participou no PROGRAMA PARA DAR A COÑECER AS ESPECIES ARBÓREAS ORIXINAIS DO SUBSECTOR BIOXEOGRÁFICO "RÍAS BAIXAS". 

 O xoves 13 de abril realizaron a Actividade "Dentro do bosque", con un percorrido polo Campus Lagoas-Marcosende, no Cuvi (Vigo)Alí puideron ver as 25 especies de árbores autóctonas que se conservan na única zona das Rias Baixas:

Abeleira, Abruñeiro, Acereiro, Acivro, Amieiro, Bidueiro, Capudre, Carballo, Castiñeiro, Cereixeira, Érbedo, Espiño branco, Freixo, Hedra, Loureiro, Maceira brava, Oliveira, Pereira brava, Pradairo, Sabugueiro, Salgueiro, Sanguiño, Sobreira, Teixo, Ulmeiro.

 Grazas ao educador ambiental Marcos Guiadanes Figueiras por presentarnos o programa e grazas ao mestre Javi polas fermosas fotos!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> BOSQUE ATLÁNTICO

21 de marzo de 2023: día da árbore coa comunidade de montes!

Grazas á comunidade de montes por traernos formación cos gardas forestais, plantacións de árbores, plantas e un agasallo para cada alumno/a de maceta con sementes. Agora noso cole está moito máis verde, agardamos os froitos!

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da árbore- 21 de marzo 2023

Día Mundial do Síndrome de Down- 21/03/2023

Como tódolos anos o 21 de marzo participamos na campaña CALCETÍNS DESEMPARELLADOS!

Ademais o alumnado de 6º curso de Educación Primaria, organizou unha actividade titulada "DESEÑA O TEU LOGO". Nesta actividade participou todo o alumnado do centro e agora noso CEIP xa ten logo polo día mundial do síndrome de Down. Coa nosa máquina da Biblioteca Creativa realizamos espellos e pegatinas moi molonas!

Grazas á nosa alumna Aroa pola idea e grazas a todo o alumnado por participar nas actividades propostas!

 

Álbum: Curso 2022-2023 -> 21 de marzo 2023- Día Internacional do Síndrome de Down

Museo de Pontevedra 5º e 6º

O xoves 30 de marzo, as clases de 5º e 6º de Primaria fomos ao Museo de Pontevedra. 

O grupo de 5º visitou a exposición sobre "Prehistoria" mentres que a clase de 6º recorreu as salas da exposición "Trazos da arte contemporánea"

Álbum: Curso 2022-2023 -> Museo Pontevedra 5º e 6º

Semana da Prensa

Pola Semana da Prensa, do 6 ao 10 de marzo, traballamos nas aulas unha noticia da Voz de Galicia:

" La escultora de Pontevedra que lleva años guardando su cabello en cajitas"

Podedes acceder á noticia clicando no titular.

Como nos gustou tanto, decidimos crear as nosas obras utilizando periódicos.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Semana da Prensa

Solicitudes de admisión para o curso 2023-2024

Estimadas Familias:

Do 1 ao 20 de marzo comeza o prazo de presentación de SOLICITUDES de Admisión de alumnos/as para o curso 2023 - 2024 

Presentación de solicitudes:

  • No centro educativo cubrindo o impreso ANEXO II ED550B de xeito manual. Podedes descargalo en arquivos adxuntos.

 

  • A través da Aplicación web:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

No menú: Solicitudes>Admisión>Crear (unha vez cuberta presentarase no CEIP ou a través da Sede Electrónica)

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”.  Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

 

Xunto coa solicitude asinada polos dous proxenitores, as familias debedes achegar a seguinte documentación: 

  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a e/ou libro de familia.
  • De ser o caso, sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia do libro de vacinas.
  • 2 (fotografías) tamaño carné.

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS EN CADA ETAPA E NIVEL:

 

CURSO

PRAZAS OFERTADAS

NEAE

VACANTES ESTIMADAS

4º Infantil

25

3

25

5º Infantil

25

0

9

6º Infantil

25

0

15

1º Primaria

25

3

11

2º Primaria

25

0

7

3º Primaria

25

0

7

4º Primaria

25

0

11

5º Primaria

25

0

11

6º Primaria

25

0

13

As dúbidas serán resoltas polo centro educativo en horario de 08:30 a 14:00H. Teléfono de contacto: 886.151082

Benvidas e Benvidos a todas e a todos!

Apertas!

Distribuir contido


by Dr. Radut