Skip to Content

COMEZAMOS CO PROXECTO: MIRÓ (4 ANOS)

Na aula de 4 anos neste trimestre que finalizamos comezamos aprendendo moitas cousas de un pintor que se chama MIRÓ. Contamos a súa vida e a súa obra.

Vimos moitos cadros e aprendimos o seu nome e tamén os pintamos e fixemos esculturas como as que facia él

(FAI CLIC PARA VER O NOSO TRABALLO)

SOMOS ARCIMBOLDO (3 ANOS)

Os nenos/as de 3 anos finalizamos o primeiro trimestre converténdonos nunha obra dun pintor como é ARCIMBOLDO.

 

Pintor que a través do seu cadro "OUTONO" permitíunos un mellor coñecemento dunha estación como é o outono, así como introducíunos no mundo da arte, para continuar no segundo e terceiro trimestre traballando no proxecto de centro "PEQUENOS PINTORES".

PASÁMOLO XENIAL!!!!

(FAI CLIC PARA VER O NOSO TRABALLO)

VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE: 1º e 2º primaria (5 de Decembro 2018)

O día 5 de Decembro os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria realizaron unha viaxe á Coruña para visitar a Sede da Fundación María José Jove, na que participaron en distintas actividades dinamizadas, co gallo de propiciar o encontro do alumnado coa arte.

Asistiron a un obradoiro sobre o universo de Miró no que as formas e as cores xogan ata o infinito e énchense de paxaros, mulleres, ollos, soles, lúas,...Nesa viaxe crearon os seus propios universos baixo a inspiración deste artista.

Outra activiade consistiuna visita guiada ao museo para entrar en contacto coa arte abstracta e coa realista; aquí realizaron o "Xogo dos enigmas" no que buscando por toda a colección tiñan que recoñecer a obra e o autor/a a que pertencían os fragmentos dados.

Foi unha viaxe moi interesante, moi lúdica e con actividades capaces de xerar unha actitude creativa e imaxinativa de cara á comunicación artística.

Non vola perdades!!!!!

VISITA DOS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL AO MUSEO MARÍA JOSÉ JOVE (3 de Decembro 2018)

Os alumnos/as de Educación Infantil realizamos una visita ao Museo María José Jove  para inicialos no proxecto que estamos levando a nivel de centro “Pequenos pintores”.

A Fundación María José Jove ten a súa sede na Coruña. Consta de tres plantas distribuidas en salón de actos, una zona de aulas e espazos multiusos para diferentes actividades orientadas aos nenos e nenas, un área de Administración e oficinas.

No hall recibiunos ademáis das guías, una monumental escultura de Francisco Leiro, na que se retrata a una das persoas que colaborarón na extinción dos incendios que asolaron Galiza no verán 2005-2006. Unha vez no hall, repartímonos en dous grupos e visitamos as instalación gracias a mascota do museo  “ Punto Rojo”. 

PRESENTAMOSVOS A "PUNTO ROJO"

 Finalizando a visita co conto “Por cuatro esquinitas de nada así como un taller de pintura nunha das súas salas.

(FAI CLICK NA CÁMARA PARA VER A NOSA VISITA)

HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES (MES DE NOVEMBRO)

Ao longo do mes de Novembro, dende o Departamento de Orientación tratouse o tema de Hábitos de vida saudables.

Para poder traballar esta temática, desenvolvéronse varias actividades no centro ademáis das levadas a cabo a nivel de titoría.

Estas actividades de centro en torno aos hábitos de vida saudables foron as seguintes:

(FAI CLIC NA IMAXE)

Distribuir contido


by Dr. Radut