Skip to Content

I CARREIRA DÍA DA INFANCIA (20 de Novembro 2018)

Con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, organizouse no colexio a primeira carreira solidadria.

A finalidade desta carreira foi recaudar comida, roupa e xoguetes para os nenos do pobo, a través de Caritas do Concello. A colaboración foi máxima, a cal agraedecemos a todas as familias.

Todos os nenos que participaron na carreira foron agasallados cunha pulseira co lema “ I CARREIRA DA INFANCIA- CEIP DE TEIXEIRO”.

 

AQUÍ TEDES O RESULTADO. GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

                                         

                                      

EXCURSIÓN A LUGO (8 de Novembro de 2018)

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos una excursión a cidade de Lugo, para visitar o casco vello (catedral, praza de Santa María, muralla…), o  Centro de Interpretación da muralla e o Museo Provincial, no que o asistimos a un obradoiro relacionado coa protección e accesibilidade dos museos.

O tempo non nos acompañou, pero  aproveitamos  a visita e pasámolo ben!

                                 

(FAI CLICK NA NOSA CÁMARA PARA VER A VISITA)

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN (31 de octubre de 2018)

 

Con motivo da celebración do Magosto, o día 31 de Outubro todo o cole participou en diferentes actividades como xogos populares e merenda con castañas. 

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

Ademáis, durante toda a semana leváronse a cabo actividades relacionadas co Samaín.  A temática elixida, seguindo o proxecto do cole, “Pequenos pintores” , centrouse na obra  “ El grito” de Munch. As actividades foron as seguintes:

  • Concurso de relatos curtos partindo de dito cadro (os gañadores recibiron un agasallo).

  • Exposición de cadros personalizados. 

  • Elaboración con diferentes técnicas pictóricas, por parte dos nenos de Educación Infantil, do cadro nomeado.

(FAI CLICK  PARA VER A ACTIVIDADE)

 

EXPOSICIÓN DE CABAZAS (Semana do 29 de Outubro de 2018)

Ao longo da semana do 29 de Novembro de 2018 os nenos aportaron cabazas decoradas para poder facer unha exposición na entrada do colexio.  Os alumnos participantes recibiron un diploma.


               

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de Outubro de 2018)

Para celebrar o Día da Biblioteca Escolar, baixo o lema “ POÉTICAS DIVERSAS”, todo o alumnado do centro acudiu a biblioteca en quendas de 25 minutos para gozar da lectura da poesía, seleccionada previamente polo equipo encargado. 

                                   Que ben o pasamos!

 (FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES)

Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. Este fermoso cartel de 2018 xa está presente en todos os centros galegos para a celebración do 24 de outubro.  

Distribuir contido


by Dr. Radut