Con motivo da celebración do Magosto, o día 31 de Outubro todo o cole participou en diferentes actividades como xogos populares e merenda con castañas.
(FAI CLICK PARA VER A ACTIVIDADE)
Ademáis, durante toda a semana leváronse a cabo actividades relacionadas co Samaín. A temática elixida, seguindo o proxecto do cole, “Pequenos pintores” , centrouse na obra “ El grito” de Munch. As actividades foron as seguintes:
-
Concurso de relatos curtos partindo de dito cadro (os gañadores recibiron un agasallo).
-
Exposición de cadros personalizados.
-
Elaboración con diferentes técnicas pictóricas, por parte dos nenos de Educación Infantil, do cadro nomeado.
(FAI CLICK PARA VER A ACTIVIDADE)