Skip to Content

A MÚSICA NA PINTURA (11 de Febreiro 2019)

Álbum: Educación Primaria -> VISITA EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO"1º e 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria visitamos o día 11 de Febreiro a exposición "Sonoro empeño" na Coruña. Estivo moi interesante posto que observamos cadros dunha maneira diferente, coma se dun conto se tratase. Ademais foi moi divertido, xa que todos os cadros estaban relacionados coa música.

Deseguido podedesver unha serie de fotos, que mostran o ben que o pasamos e o atentos que estivemos.

 (FAI CLIC NA IMAXE)

VISITA EDUCACIÓN INFANTIL: EXPOSICIÓN "SONORO EMPEÑO" (8 Febreiro 2019)

Os nenos/as de Educación Infantil; o venres día 8 de Febreiro de 2019; asistimos a Exposición «Sonoro empeño». É unha viaxe a través da interpretación pictórica da música do cal disfrutamos cun programa didáctico adaptado a escolares de tódalas idades.

PASÁMOLO XENIAL!!!!!

  

 

     

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ (30 Xaneiro2019)

Onte 30 de Xaneiro celebrouse no centro o Día Escolar da non Violencia e da Paz. As actividades programadas foron varias entre elas:

  • Durante unha semana todo o centro puxo da sua parte no mural da paz situado na entrada do centro. Tendo en conta o proxecto "Pequenos Pintores" o mural basouse nun cadro do pintor Keith Haring.
  • Canción " Xa  chegou ou día dá paz" de Pablo Díaz.
  • Posteriormente foto de todos os cursos no mural.
  • Actividades tamén nas titorías (pombas, debuxos, lemas,...)

 

(FAI CLIC NA IMAXE)

FESTIVAL DE NADAL (21/12/18)

 

E chegou o último día do trimestre…e con él as emocións e nervios da chegada dos Reis Magos!

Pero antes da visita tan especial…que mellor momento para poder subirnos ao escenario e ensinarlles as nosas familias os artistas que somos! Cantamos, bailamos,…pasámolo en grande!

 

(FAI CLIC NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL)

VISITA CORREOS 1º E 2º PRIMARIA (20 de Decembro 2019)

O día 20 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, acercámonos ata a oficina de correos do pobo para entregar as postais de nadal que escribimos para os nosos compañeiros de clase.

Foi un paseo moi agradable, e mesmo na oficina, unha vez que entregamos as postais co seu selo, ensináronnos como funciona por dentro a oficina. Non podíamos imaxinar a cantidade de cartas que hai que repartir nun só día...pero para iso están os nosos carteiros e carteiras que fan posible que cada carta chegue ao seu destino!

   1 

 

 

 (FAI CLICK NO NOSO BUZÓN PARA VER A VISITA)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut