Skip to Content

VISITA CORREOS 1º E 2º PRIMARIA (20 de Decembro 2019)

O día 20 de decembro, os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, acercámonos ata a oficina de correos do pobo para entregar as postais de nadal que escribimos para os nosos compañeiros de clase.

Foi un paseo moi agradable, e mesmo na oficina, unha vez que entregamos as postais co seu selo, ensináronnos como funciona por dentro a oficina. Non podíamos imaxinar a cantidade de cartas que hai que repartir nun só día...pero para iso están os nosos carteiros e carteiras que fan posible que cada carta chegue ao seu destino!

   1 

 

 

 (FAI CLICK NO NOSO BUZÓN PARA VER A VISITA)

 



page | by Dr. Radut