Skip to Content

VISITA Á FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE: 1º e 2º primaria (5 de Decembro 2018)

O día 5 de Decembro os alumnos/as de 1º e 2º de Primaria realizaron unha viaxe á Coruña para visitar a Sede da Fundación María José Jove, na que participaron en distintas actividades dinamizadas, co gallo de propiciar o encontro do alumnado coa arte.

Asistiron a un obradoiro sobre o universo de Miró no que as formas e as cores xogan ata o infinito e énchense de paxaros, mulleres, ollos, soles, lúas,...Nesa viaxe crearon os seus propios universos baixo a inspiración deste artista.

Outra activiade consistiuna visita guiada ao museo para entrar en contacto coa arte abstracta e coa realista; aquí realizaron o "Xogo dos enigmas" no que buscando por toda a colección tiñan que recoñecer a obra e o autor/a a que pertencían os fragmentos dados.

Foi unha viaxe moi interesante, moi lúdica e con actividades capaces de xerar unha actitude creativa e imaxinativa de cara á comunicación artística.

Non vola perdades!!!!!



page | by Dr. Radut