Skip to Content

VISITA AQUARIUM FINISTERRAE

Álbum: Curso 23-24 -> Visita Aquarium Finisterrae

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria desfrutamos o pasado martes dunha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña. Pasámolo en grande!

NOTA INFORMATIVA NADAL

(Pinchade na imaxe para ampliar)

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Co lema "Baixo o mesmo paraugas", todo o alumnado e profesorado do CEIP de Teixeiro quixemos simbolizar a unión, a riqueza dunha sociedade diversa e plural na que todos e todas temos cabida.

 

E para conmemorar este Día Internacional das Persoas con Discapacidade o alumnado de 6º de EP fixo este traballiño para lembrarnos a importancia de respectar as nosas diferenzas e valorar a dignidade de cadaquén.

 

(Pinchade na imaxe para ampliar)

Outra das acitividades realizadas para conmemorar este día foi a visita da asociación de persoas con diversidade funcional AMARAI. Nesta xornada impartiron un obradoiro navideño e explicaron ao alumnado de 3º e 4º de EP todas as actividades que realizan na asociación.

Neste día, o alumnado de 5 anos levou a cabo unha actividade de concienciación poñéndose no lugar das persoas con discapacidade visual.

 

PROGRAMA PLAN DIRECTOR

(Pinchade na imaxe para ampliar)

O pasado venres o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiu unhas charlas dentro do programa "Plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna".

A temática deste programa foi a seguridade en internet, nas redes sociais, o acoso e o ciberacoso.

Foi unha charla moi importante e interesante para o noso alumnado.

25N

Esta semana levamos a cabo diferentes actividades e cantamos tod@s xunt@s a favor do respecto cara os demais e da necesidade de educar na igualdade buscando comportamentos non discriminatorios. Compartimos aquí o resultado deste traballo. Esperamos que o disfrutedes.

Distribuir contido


by Dr. Radut