Skip to Content

XORNADA BÁDMINTON

Álbum: Curso 23-24 -> Xornada BÁDMINTON

O venres 23 de febreiro os alumn@s de 5º e 6º EP tiveron unha xornada deportiva de convivencia cos centros da comarca, dentro do programa XOGADE, coas xornadas de bádminton.

VACANTES ESTIMADAS CURSO 2024-2025

LISTAXE VACANTES ESTIMADAS CURSO 2024-2025

(Pinchade no enlace para abrir o documento)

I TORNEO DE XADREZ

Durante o mes de xaneiro, alumnado de 2º de E.P participou no I torneo de xadrez. Foi unha experiencia moi bonita, xa que os xogadores/as aprenderon a xogar no mes de decembro. Ademais contaron coa colaboración de nenos e nenas de 5º e 6º de E,P, que estiveron debutando como árbitros. Noraboa a todas e todos pola experiencia!

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25

(Pinchade na imaxe para ampliar)

  • Pinchade nos seguintes documentos para ampliar información:

SOLICITUDE ED55OB (galego)

SOLICITUDE ED550B (castelán)

MANUAL DE USUARIO PARA FAMILIAS

DECRETO 13/2022

ORDE 21/10/2022

 

  • A solicitude debe vir firmada polos dous proxenitores (Anexo II bis da solicitude) agás sentencia xudicial que o determine.
  • O alumnado que xa está matriculado non ten que facer ningún trámite.

A NOSA ROSALÍA DE CASTRO

As nenas e nenos de sexto de Educación Primaria, do Bosque do Coñecemento, este ano traballaron co día de Rosalía, a través de facermos diversas diapositivas acerca da súa vida, obra e legado. Todo foi realizado a través de Canva e ampliando a súa competencia dixital.
Distribuir contido


by Dr. Radut