Na Aula de Audición e Linguaxe, aprendemos moitas cousas sobre os deportes que practicamos na escola.
Con este novo material, buscamos e relacionamos todo o imprescindible para practicar mini-basquet, tenis, natación e fútbol.
O noso compañeiro Victor en colaboración coa súa familia e a mestra de A.L, investigou e aprendeu moito sobre as froitas.
Esta presentacións tan chulas o demostran. Noraboa Víctor!
Lalaralalala, lilirililili, lolorolololo, a lingua Lola encántalle cantar, pero tamén lle gusta percibir novos sabores, iso nos contou Thais. Como a nós o que nos gusta e experimentar, aquí nos tedes probando alimentos doces, salgados e ácidos...que difícil distinguilos!! Seguiremos degustando!
Convidámosvos a traballar cos nenos/nenas os temas:
As mulleres nos deportes olímpicos
http://www.30minutos.net/blog/item/123-paralimpiadas-2012-mujeres-ol%C3%ADmpicas
As mulleres paralímpicas
O luns 22, celebrouse no CEIP de Arzúa unha charla informativa para acercar ás familias ao trastorno de déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A pediatra do Centro de Saúde, Mª del Rosario Monner Romero explicou as causas e sintomatoloxías das diferentes presentacións clínicas do TDAH. O orientador do IES de Arzúa, Xoán Alvarez Castro, en conxunto con membros do Departamento de Orientación do CEIP, Mª Agripina Cabo Devesa, Cruz Leiva Balboa e Thais Amenedo Rodeiro abarcaron aspectos das psicoterapias cognitivas-conductuais e resaltaron a importancia da parentalidade positiva e o emprego dalgunhas técnicas tanto no ambiente familiar como escolar.
Agradécese a asistencia e participación dos pais.
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |