Orientación, lexislación, Audición e linguaxe, Pedagoxía Terapéutica., Departamento, Novas, Recursos

A APRENDIZAXE - SERVIZO

A nosa compañeira Eloísa Teijeira Bautista, orientadora que colaborou con nós en convivencia, mándanos información sobre a aprendizaxe relacionada cos servizos á comunidade onde vivimos.

Podemos ter información en:

http://redaps.wordpress.com/

www.zerbikas.es/es/banco.html

Ao mesmo tempo solicítanos información sobre actividades que poidamos estar levando a cabo relacionadas coa aprendizaxe-servizo. Se queredes podedes mandalas ao correo eloisoteijeira@gmail.com

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENLIA, 30 DE XANEIRO


  



30 DE XANEIRO


 

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA         

 


 


GHANDI APOSTOU POLA NON VIOLENCIA. O 30 DE XANEIRO FOI ASASINADO E ESA DATA FOI ESCOLLIDA POLAS NACIÓNS UNIDAS COMO DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ.


 


GHANDI É CONSIDERADO COMO MÁXIMO REPRESENTANTE DO PACIFISMO COMPROMETIDO COA LOITA DOS DEREITOS DAS PERSOAS E OS POBOS PERO UNHA LOITA POR MEDIO DE ACTUACIÓNS NON VIOLENTAS.LOITOU POLA INDEPENDENCIA DO SEU PAÍS, A INDIA, NAQUELES TEMPOS COLONIA INGLESA, TRAS MOITOS ANOS DE LOITA NON VIOLENTA POR PARTE DEL E O SEU POBO, A INDIA LOGROU A INDEPENDENCIA EN 1974.                                


 


 


A SÚA MENSAXE:


 


AMOR UNIVERSAL, NON VIOLENCIA E PAZ


O RESPECTO E AMOR É MELLOR QUE O EGOÍSMO


A NON VIOLENCIA É MELLOR QUE A VIOLENCIA


A PAZ É MELLOR QUE A GUERRA


NÓS, TÓDOLOS DÍAS NOS COMPORTAMOS DE FORMA NON VIOLENTA, RESPECTUOSA E AMABLE COAS OUTRAS PERSOAS E CON NÓS MESMOS. PREMIAMOS ESES COMPORTAMENTOS E FACEMOS QUE CADA DÍA SEXAN MÁIS

Día internacional das persoas con discapacidade, 3 de decembro

Continuando coas conmemoracións, recordamos hoxe a do día internacional das persoas con discapacidade.

 

3 DE DECEMBRO

DÍA INTERNACIONAL DAS 

PERSOAS 

CON DISCAPACIDADE

 

 

discapacidade

 

COA SÚA CONMEMORACIÓN PRETÉNDESE CONSEGUIR QUE AS PERSOAS CONS DISCAPACIDADES TEÑAN OS MESMOS DEREITOS HUMANOS E PARTICIPEN NA SOCIEDADE EN CONDICIÓNS DE IGUALDADE.

 

CERCA DUN 15% DA POBOACIÓN MUNDIAL, É DICIR, MIL MILLÓNS DE PERSOAS, VIVEN CON ALGÚN TIPO DE DISCAPACIDADE.

 

Discapacidade é a condición pola que algunhas persoas amosan deficiencias físicas, mentais, intelectuais e ou sensoriais que xunto con outras atrancos sociais poden impedir a igualdade de condicións cos demais.

 

¡¡¡EN TODOS NÓS ESTÁ EVITAR ESES ATRANCOS SOCIAIS!!!. ¡¡¡INTENTÁMOLO!!!

Algúns libros:

"Mis pies son mi silla de ruedas" F.J.Huainigg. Ed. La puerta del libro

"Juan es diferente" M. Vanvuchelen. Edelvives

"A coelliña Marcela" Esther Tusquets

Un vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=W2y-wk0fA4Q

25 de novembro, día internacional da loita contra a violencia de xenero

Desde o CEIP de Arzúa. coa colaboración deste departamento, normalización lingüística e a biblioteca escolar acórdase publicar cada mes unha conmemoración internacional relacionada coas necesidades educativas ou aspectos sociais.

Iniciamos co día internacional de loita contra a violencia ás mulleres, o 25 de novembro 

 

coeducacion

A violencia contra a muller presenta numerosas facetas que van desde a discriminación e o menosprezo ata a agresión física ou psicolóxica e o asasinato.

No ano 1999 Nacións Unidas indicou o 25 de novembro como día internacional de loita contra a violencia ás mulleres.

TANTO PAIS COMO MESTRES SOMOS CONSCIENTES DA IMPORTANCIA QUE TEÑEN AS NOSAS ACTUACIÓNS PARA QUE A IGUALDADE E O RESPECTO ENTRE HOME E MULLER, NENO E NENA SEXAN UNHAS REALIDADES. 

 

QUE PODEMOS FACER ?

 

- NON DIFERENCIAR ENTRE NENO E NENA NA FAMILIA

- REGALAR OS MESMOS XOGUETES AS NENAS E AOS NENOS

- PERMITIR E ACEPTAR OS MESMOS XOGOS E ACTIVIDADES

- PARTICIPACIÓN NAS TAREFAS DA CASA DE FORMA IGUALITARIA

- EMPREGO DO FEMININO NA LINGUAXE

- EVITAR COMENTARIOS DESPECTIVOS

- DAR AS MESMAS OPORTUNIDADES

- TRATAR AS DIFERENCIAS ENTRE AS PERSOAS CON NORMALIDADE

- EDUCAR DESDE A IGUALDADE DE VALORES NAS PERSOAS: COEDUCAR

- VALORAR AS IMAXES DOS HOMES E MULLERES NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

- ENSINAR A RESOLVER OS PROBLEMAS DE FORMA PACÍFICA

- DAR EXEMPLO DE IGUALDADE, RESPECTO E PAZ

- ... ETC

O noso fin como pais e nais é que as nosas fillas e os nosos

fillos acaden o respecto ás persoas, en xeral, e exerzan a

convivencia pacífica.

Bibliografía e páx. Webs de interese:

La coeducación en primaria. RAFAEL LÓPEZ TOLEDO

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/fuentenueva/coe/COEDUCACION/COEDUCACION.html

http://www.educacionenvalores.org/IMG/pdf/2b_juegos.pdf

http://enebro.pntic.mec.es/~psalaver/mujer/recur.html

http://web.educastur.princast.es/proyectos/coeduca/

http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_127_

Co educacion%20%20Prevenc%20violencia_CEAPA%20(2).pdf-

 

 

Na nosa biblioteca escolar contamos con algúns libros que nos poden axudar, entre eles:

 

Edad, 0 – 7 años

 

Titulo

Autor

Editorial

Quen traballa na casa?

Alcántara Sgarb,Ricardo

Edelvives

Pulgarcita

López Escribá, Ana

SM

La princesita bombera

Mesa, Cristina

Bruño

Pinturiño

Uhia, Manuel

Edelvives

Mis amigos

Ramos, Pilar

Parramón

Días con Sapo y Sepo

Lobel, Arnold

Alfaguara

 

Edad, 7 a 10 años

 

Titulo

Autor

Editorial

A fuxida dos nenos

Xosé Mª hers Varela

Sotelo Blanco

Mujeres admirables. Ellas hicieron historia

Marta Rivera de la Cruz

Anaya

Pulgarcita

López Escribá, Ana

SM

As vacacións de Saida

Eva Peydró

Galaxia

Pinturiño

Manuel Uhia

Edelvives

Mis amigos

Pilar Ramos

Parramón

 

Edad, 10 - 12 años

 

Titulo

Autor

Editorial

El hombrecito vestido de gris

ALONSO, Fernando

Alfaguara

A fuxida dos nenos

Xosé Mª hers Varela

Sotelo Blanco

Mujeres admirables. Ellas hicieron historia

Marta Rivera de la Cruz

Anaya

As vacacións de Saida

Eva Peydró

Galaxia

Rosalinde tiene ideas en la cabeza

NÖSTLINGER, Christine

Alfaguara

 



RELATORIOS DE ELOISA TEIJEIRA

15 E 29 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa

 

Eloisa Teijeira Bautista

TEMA:

Educar en e para a convivencia na aula  

RELATORIO DE CARMEN LOUREIRO: "COMPETENCIA EMOCIONAL"

Dentro das actividades para o Plan Mellora deste curso, "A Competencia Social".

Participan os mestres acollidos ao plan e outros mestres do centro e outros centros veciños que estean interesados no relatorio.

8 DE FEBREIRO

de17:30h.a 20:30

CEIP de Arzúa



Carmen Loureiro López

     

    Psicóloga e especialista en intelixencia emocional.

    Profesora no IES de Arous

     Colaboradora do Proxecto Noria de rede Crearmundos.

 

TEMA:

COMPETENCIA EMOCIONAL”

XORNADAS SOBRE TDA/H EN SANTIAGO

Os días 11 e 12 celébranse en Santiago unhas xornadas sobre o Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade que poden interesar a mestres ou pais. Abordan a  definición  e o tratamento conductual e médico do trastorno.


Máis información en:

http://jornadas.vietkong.es/1.html

web axeitada a TXD ou Deficiencia Mental

 

 

Esta páxina consta de vídeos , xogos , cancións, contos ...para traballar con este alumnado e alumnado de EI .  A páxina pódese descargar en lingua castelán ou en lingua inglesa polo que tamén se pode practicar o inglés con ela.

 

ALUMNOS CON DISCAPACIDADE VISUAL

REDE DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA



A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicou a Rede de Orientación Educativa en Galicia onde se especifícan os recursos no servicio de Orientación Educativa.

Roegal

Powered by Drupal - Design by artinet