Skip to Content

CONTACONTOS EN INFANTIL

Dentro do programa de Animación á lectura que desenvolve a Concellería de Educación, o ciclo de Infantil recibiu a visita de Sabela.
Con ela viaxamos ao mundo de "Cancodrilo". Foi moi divertido! Descubrimos a escola, as verduras, as cores... con el. Nun primeiro momento agochábase e non quería sair, tiña moita vergoña... Primeiro sacou a cola, as patas... e por fin... CANCODRILO!!
Foi tan divertido que so queriamos coñecer cousas novas deste personaxe, pero como nos deixaron varios contos para a biblioteca de aula, convertíronse nun dos nosos contos preferidos. Estamos moi animados a descubrir novas aventuras de Cancodrilo LENDO os seus contos!!

VISITA Á EXPOSICIÓN "NA PROCURA DO PASADO"

A Sala de Exposicións Afundación de Ourense abre as súas portas a unha magnífica mostra do Museo Arqueolóxico, un completo percorrido polos grandes nomes da arqueoloxía galega e algunhas das pezas máis emblemáticas da sala ourensá. Fotografía, arte prehistórica e coñecemento cun programa escolar adaptado a todas as idades.
Mirade os distintos obradoiros nos que participamos durante o mes de xaneiro e ao que asistimos todos os ciclos.
 

OS REIS PASARON POLO COLEXIO!!

 

 

 

Á volta das vacacións de nadal atopámonos coa grata sorpresa de que os Reis Magos deixaron un montón de regalos para as aulas de Infantil.

Mirade que festa na apertura dos regalos!!

 

POESÍA NO NADAL

 

 

Antes de abandonar a estela do Nadal temos que publicar os poemas que escribiron @s alumn@s de sexto para felicitar a toda a Comunidade Escolar, despois de encargarse da elaboración das figuras e da montaxe do Belén.

 

SAÍDAS NO 1º TRIMESTRE

 

Estas son algunhas das actividades complementarias nas que participaron @s alumn@s do centro durante o 1º trimestre do curso:

     

TRABALLOS DO NADAL

 

O Nadal é fonte de inspiración de moitos traballos, tanto en Infantil como en Primaria, e senon comprobadeo nos enlaces das fotografías.

 

ÁRBORES DE NADAL

 

 

@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron a súa propia árbore de Nadal. Mirade que variedade de elementos decorativos e colorido temos nos traballos que presentaron!!

 

FELIZ NADAL

 

 

Felices festas á comunidade educativa do CEIP Curros Enríquez. Esta é a felicitación elaborada coas postais gañadoras do concurso celebrado no colexio.

 

CAMPO A TRAVÉS 2016

Na mañá do xoves 15 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. A mañá estaba fría e con neboa, pero non choveu, polo que un ano máis o tempo respetounos para poder celebrar a proba.

Acudimos con cen atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos en benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 2º posto de Candela Currás Fernández en benxamín, o 3º posto de Julia Fernández Margusino e o 4º de Roi Fernández Currás en alevín e o 3º posto de Candela Nóvoa Morales en Infantil.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

NOTA: Para poder consultar o posto na carreira, tedes que consultar primeiro o voso Nº de DORSAL e logo comprobar a posición acadada no arquivo dos RESULTADOS.

               

 

A PATINAR... SOBRE XEO!!

 

No mes de decembro @s alumn@s de 1º a 6º de Primaria asistiron á pista de patinaxe sobre xeo que está situada no Centro Comercial Pontevella. Contamos coa colaboración da ANPA nesta actividade, que era para moit@s a súa primeira experiencia sobre o xeo.
Mirade que ben o pasamos!!                                                      

Distribuir contido


by Dr. Radut