O noso amigo Cardio

O NOSO AMIGO CARDIO: PROGRAMA DE SAÚDE INTEGRAL

                                   

 

Os alumn@s de Educación Infantil e as súas familias participan durante este curso 2012-13 no Proxecto de Saúde Integral dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster.

O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.


CARDIOEXPOSICIÓN

Facede clic nas fotografías para ver os traballos dos 4 aspectos que temos que traballar para conseguir un corazón forte e saudable

REI E RAÍÑA DA FROITA

 

Os alumn@s de 6º de Educación infantil, da clase das froitas, axistiron a coroación do Rei Juanjo e a Raíña Isabel que acadaron o trono tras ser os alumnos que máis veces comeron froita na merenda do cole…. Todos os días!!!
Martín, Javier e Manolo estiveron a punto de arrebatarlles a coroa… Pero en realidade foi una dura batalla entre toda a clase… Noraboa!!! Cardio está moi contento!

Mirade aquí o resto das fotografías.

   

SEMANA DE CARDIO

Cardio visitou o noso cole e nós fixemos moitas actividades para adquirir hábitos saudables.

Traballamos os hábitos de alimentación, fixemos exercicio e manifestamos as nosas emocións.

                         

                                               

                                                            

CARDIO-RESUME CURSO 2012/13

 

Se queredes ver o resume dos traballos  que elaboraron en Infantil ao longo do curso arredor de Cardio, mirade este libro que elaboraron os alumn@s de Infantil de 4 anos. Non olvidedes os seus consellos durante o verán. Facede clic no libro.

 

 

 

 

 

 

 

 


DESPEDIDA DE CARDIO

Cardio despídese ata o curso 2013/14, pero recórdanos que apliquemos todos os consellos cardiosaudables que nos deu durante este curso.

SEMANA DA SAÚDE EN INFANTIL: ELABORACIÓN DE PAN

 

 

 

 

Os alumnos de Infantil participaron en varias actividades dentro da Semana da Saúde, da mán de Cardio, para incidir na adquisición de hábitos saudables.

Agora tocoulle a quenda á elaboración de pan. Que ben ulía...!

 

 

SEMANA DA SAÚDE EN INFANTIL: ALMORZOS SAUDABLES

Os alumnos de Infantil participaron en varias actividades dentro da Semana da Saúde, da mán de Cardio, para incidir na adquisición de hábitos saudables.

Unha destas actividades foi a dos "Almorzos saudables". Que rico estaba todo...!

 

      Fai clic nas fotografías

 

 


CARDIO VISITA O NOSO COLEXIO

 

O mércores 8 de maio visitounos CARDIO, o protagonista do Proxecto de Saúde Integral (Programa SI!)  dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster e promovido polo Concello, no que participan  oalumn@s de Educación Infantil e as súas familias durante este curso 2012-13.



 

obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.

Xunto con Cardio visitáronnos o alcalde e a concelleira de educación do noso concello,  xa que o acto celébrase dentro da Semana da Saúde, na que participan os centros educativos que desenvolven o Programa SI!

Facede clic nestes enlaces para ver as fotografías e as reportaxes nos medios de comunicación (tve1 e telemiño)

CARDIO EN FAMILIA

Os alumn@s de Infantil de 3 e 4 anos elaboraron estes traballos xunto coas súas nais/pais, e así montamos este rincón de consellos cardiosaudables que le gostaron moito a Cardio, a nosa mascota. Facede clic aquí para ver os traballos.

 

 

 


Distribuir contido