Taboleiro

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

 

 
PROCESO DE ADMISIÓN

Normativa aplicable:

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 1 de febreiro de 2017)

O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI). Se houbese que baremar, a documentación necesaria pediríaselle dende o centro para entregar entre o día 25 de marzo e o 5 de abril.
Lembren que soamente se pode entregar unha solicitude. Se a entregan en varios centros quedan anuladas.


Área de influencia do centro:
Marxe dereita do río Barbaña dende a ponte de Ervedelo, marxe esquerda do río Miño dende os Remedios ata a Ponte Nova. Ponte Nova, Curros Enríquez, interior de Praza Eduardo Barreiros, Rúa do Paseo ata Rúa Concordia, Rúa Concordia ata Rúa Paseo, Rúa Ervedelo ata a Ponte. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP O Couto, CEIP As Mercedes, CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro, CEIP Prácticas e CEIP A Ponte.

 

 


Servizos que presta o centro:  acollida temperá, con e/ou sen almorzo, comedor e actividades extraescolares.


Horario xeral do centro: Acollida temperá de 7:30 a 9 horas, horario lectivo de 9 a 14 horas, comedor de 14 a 16 horas, actividades extraescolares de 16 a 18 horas.


Horario de entrega de solicitudes de admisión: Todos os días de 9 a 9:50 h. e de 13:15 a 14:00 h. e os martes pola tarde de 16 a 17  h.


O formulario de solicitude (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro, pódese descargar no arquivo adxunto e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina Web da consellería competente en materia de educación.
Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos  e asinada debidamente. Tamén a poden presentar a través da aplicación se teñen sinatura dixital. Nese caso entregarán no centro o código da solicitude e unha copia do DNI.

Lembren que en caso de separación e/ou divorcio teñen que asinar os dous proxenitores.

É importante que cubran a autobaremación, pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.

Para o cálculo da puntuación pola declaración da renda (exercizo do 2017, presentada o ano pasado) deberán facer constar a suma das casiñas 415 (base impoñible xeral) e 435 (base impoñible de aforro) e dividir entre o número de membros da unidade familiar. O IPREM do 2017 é: 6.454,03 euros.

O criterio complementario que se aplicará no centro para a baremación é: "ser fillo/a ou irmán/a de exalumno/a.

DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
Proceso de admisión: 1 ó 20 /03 (aa.ii.)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman): 25/03 ó 05 /04
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: 24/04
Prazo de reclamación: 25/04 ó 02 /05 (aa.ii.)
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 14/05
Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.:  20 ó 30 /06

 

DÍAS NON LECTIVOS

TER EN CONTA:

Os días 4, 5, e 6 de marzo non hai clases, son as vacacións de entroido.

Os días 18 e 19 de marzo non son lectivos. Un é de libre disposición, aprobado pola Xefatura Territorial, e o outro é festivo autonómico.


VACANTES DISPOÑIBLES NO CENTRO PARA O CURSO 2018-2019


4º DE EDUCACIÓN INFANTIL  (3 anos) : 25 (22+3*)

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 1

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): 0

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 3*

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 2

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 1

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: -1

*Tres prazas resérvanse para alumnado de necesidades específicas de apoio educativo. De non cubrirse con alumnado desas características cubriranse polo proceso ordinario.


Ourense, 21 de  febreiro de 2019

A Directora

Asdo.: Mª Isabel Domínguez Pérez

 

formulario_admisión.pdf

DECRETOadmisión.pdf

OrdeAdmisión.pdf

orde2017.pdf

 

 

 

 

CURSO 2013-2014

INICIO DO CURSO 2013-2014

 

AS CLASES COMEZAN O DÍA 11 DE SETEMBRO  ÁS 11 HORAS. O HORARIO LECTIVO SERÁ DE 11 A 14 HORAS. O COMEDOR COMEZA TAMÉN O DÍA 11.

O PRIMEIRO DÍA OS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS) TERÁN UNHA REUNIÓN COA TITORA ÁS 11.15 H. PARA EXPLICAR TODO O RELATIVO A NORMAS, MATERIAL, PERÍODO DE ADAPTACIÓN, ETC. OS NENOS E NENAS PODERÁN VIR (EN CUXO CASO ESTARÁN ATENDIDOS POLO PROFESORADO FÓRA DA AULA) OU QUEDAR NA CASA E COMEZAR AO DÍA SEGUINTE NA QUENDA QUE LLE CORRESPONDA.

Distribuir contido