Primeiro ciclo Primaria

2º: FESTAS POPULARES

Se queredes aprender algo sobre as festas populares mirade con atención as fotografías e vídeos dos traballos que fixeron @s alumn@s de 2º.

 

2º: OS SERES VIVOS

 Se queredes saber algo máis sobre os vertebrados e as plantas aquí tedes dúas publicacións da editorial "Os de 2º". Con ilustracións e todo... Disfrutadeas!!

2º: DÍA DE ROSALÍA

@s alumn@s de 2º tamén recordaron a Rosalía de Castro, e para elo ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Podedes escoitar o poema musicado por Amancio Prada mentres disfrutades dos seus traballos.

 


 

 

1º E 2º: PREVENCIÓN ODONTOLÓXICA

 

@s alumn@s de 1º e 2º recibiron a visita dunha odontóloga que lles explicou as principais medidas que teñen que adoptar para evitar as caries. Facede clic no debuxo do dente e veredes que claras lles quedaron as recomendacións da dentista!

 

 

EDITORIAL "OS DE 2º"

 

 

En 2º seguen evolucionando na expresión escrita, e agora sorpréndennos cunha descrición que podedes ler clicando no debuxo.

Ademáis, quedara sen publicar un conto ilustrado do curso pasado que agora ve a luz para que o desfrutedes!

 

1º E 2º: "PAXARO AMIGO. MÚSICAS PARA A PAZ"

 

Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos no Auditorio á obra de teatro "Paxaro amigo. Músicas para a paz", de Mamá Cabra. Un espectáculo para 1º e 2º de Primaria inspirado no libro "A bruxa Discordia", que anima a construírmos un mundo mellor e máis xusto.

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picores por todo o corpo dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola... Menos mal que ten unha curmá fada … pois xa se sabe que na familia haiche de todo. Mais un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre.

 
 

 

 

1º: DESCRICIÓNS ILUSTRADAS

 

 

@s alumn@s de 1º seguen coa expresión escrita: mirade que descricións e os debuxos para ilustralas!!

EDITORIAL "OS DE 1º"

 

 

Xa van dando os primeiros pasos en publicar os seus traballos escritos e ilustrados @s alumn@s de 1º, e senon mirade os seus traballos deste curso, "Lola e as cabazas" e "Descrición".

 

 

DÍA DA NAI 2016

 

O Día da Nai é unha festividade que se celebra en honor ás nais en todo o mundo, en diferentes datas do ano según o país. Aquí celebrámolo o primeiro domingo de maio, así que @s de 1º fixeron estas bonitas flores con sorpresa para as súas mamás.

 

Distribuir contido