Escolares

TAMÉN É OUTONO EN PRIMARIA

Tamén en primaria chegou o outono, e senon mirade como estimula a vertente poética dos alumn@s de 6º ou a presentación dos froitos do outono que fixeron os de 1º. 
 

1º E 6º: CONTRA OS INCENDIOS

Antes de que os incendios arrasaran Galicia @s alumn@s de 6º obtiveron unhas cromatografías a partir de follas de árbores que podedes observar e repetir, pois ademais nos explican o proceso que seguiron para obtelas.

Pero concienciados pola desastrosa vaga de incencios que sufrimos recentemente os alumnos de 1º e 6º contribúen cos seus traballos para poñerse do lado da natureza, que necesita do pulo de tod@s para recuperarse!

 

 

 


 

OS TRABALLOS DO OUTONO

 

O Magosto é fonte de inspiración para moitos traballos relacionados co outono, sobre todo relacionados coa castaña como froito estrela na nosa provincia. Mirade que traballos máis outonais (clic nas fotografías).
 

     

TEATRO NO SAMAÍN

Como corresponde polo Samaín, os espíritus andan vagando polo colexio e inspiran a creatividade d@s alumn@s, tanto que este curso ata tivemos dobre función de teatro cuns personaxes moi medorentos.
Podedes ver de novo as obras de teatro neste enlace.

 
   

VAI CHEGANDO O OUTONO?

 

O outono vai chegando pouco a pouco, con tintes de verán polas altas temperaturas. Pero as follas van caendo e os alumn@s de Infantil e 1º Ciclo de Primaria teñen feitos unha chea de traballos que podedes ver nos enlaces das fotografías.

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Este ano 2016 o Día das Letras Galegas adicouse a Manuel María, o poeta nacido en Outeiro de Rei (Lugo), considerado unha das voces máis influintes da segunda metade do século XX.

Mirade os traballos que fixeron @s alumn@s de Infantil e Primaria para conmemorar o día adicado a Manuel María.

Ademais ten moitas poesías musicadas por diversos autores, e senon comprobadeo no video dos traballos realizados pol@s alumn@s do colexio. 

   

OBRADOIROS NO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: 5 ANOS, 2º E 4º

Este ano, o Día Internacional dos Museos (18 de maio) ten o lema "Museos e Paisaxes Culturais".
Neste senso, o Museo Arqueolóxico de Ourense programou, entre outras actividades para conmemorar esta data, uns obradoiros dirixidos a alumn@s de primaria e infantil co lema "Museos e paisaxes culturais: as torres medievais da Limia". Que ben o pasamos construindo os nosos castelos, coma verdadeir@s damas e cabaleiros!!



     

DESFILE DE ENTROIDO NO CURROS

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile de entroido. O patio encheuse de colorido cos disfraces de vaqueir@s, Chineses, masai e hawaian@s.

Pasámolo moi ben, e proba delo é a colección de fotografías que podedes ver!!

 

 

 

TEATRO EN INGLÉS PARA OS DE 4º, 5º E 6º: "ALICE"

@s alumn@s de 4º, 5º e 6º de Primaria asistiron ao Auditorio Municipal para ver a obra de teatro en inglés "Alice", dentro da programación da Área Educativa de Afundación. Foi interpretada por Blue Mango Theatre.

Está baseado na famosa historia “Alicia no País das Maravillas”, de Lewis Caroll. Cuando a nosa Alicia moderna se queda dormida sen querer, adéntrase nun mundo máxico no que, ademáis de Coellos Brancos, coñece ao máis aloucado dos Sombrereiros Tolos e a unha Raiña de Corazóns que sempre está furiosa. Ao longo da súa  viaxe aprende moitas  cousas sobre as festividades e tradicións de diferentes partes do mundo angloparlante, incluindo a Pascua, Halloween, San Valentín, Nadal , San Patricio… Pero, chegará Alicia a tempo á hora do té? Somentes se o público pode axudala…

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

 

De novo este ano celebramos o concurso de postais do Nadal. O nivel dos traballos foi moi bo, e os gañadores de cada ciclo, que veredes na tarxeta de felicitación que envía o colexio a toda a comunidade educativa, podedes velos aqui con detalle.

 

Distribuir contido