Skip to Content

Complementarias

FESTA FIN CURSO 2022/23

O mércores 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Por fin tivemos a Festa da Escuma para Primaria e 6º de Infantil, e inchables, cars e obradoiros de maquillaxe, globoflexia... para tod@s.
Un día excelente no que tod@s @s nen@s do colexio o pasaron en grande!

 

2º e 4º PRIMARIA: Día dos Museos

O alumnado de 2° e 4° de Primaria participou na actividade organizada polo Museo Arqueolóxico con motivo do Día dos Museos. O parque de San Lázaro converteuse nun museo ó aire libre no que puideron coñecer a historia da súa orixe, da arquitectura que alberga e das árbores que o conforman.

 

 

                                                           

 

MAIO 2023

Este ano a Anpa participou na  modalidade de Maio creativo, e para iso todos os ciclos de Primaria e Infantil aportaron elementos  para decorar a estrutura do maio: abellas, bolboretas, paxaros e flores.
E para completar a tradición o alumnado de 5º de Primaria elaborou as coplas.

INFANTIL E PRIMARIA: Visita á Policía nacional

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou a Comisaría da Policía nacional, onde puideron comprobar os medios cos que conta para desenvolver o seu traballo.

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller, para elo elaboramos un mural coa silueta dunha muller sobre o que, a xeito de collage, colocamos as fotos que aportou o noso alumnado das mulleres importantes nas súas vidas. O título do mural é "ELAS".

Ademais convocouse un concurso para deseñar o tema dunha chapa vinculado ós dereitos da muller. Co deseño gañador elaboramos unha chapa para tod@s @s alumn@s e mestr@s do colexio.

 
 

ENTROIDO 2022

Unha semana de entroido intensa, cos mandados do meco, a visita dos personaxes do entroido ourensán, a visita da tuna... As galerías de fotos dan fe do ben que o pasamos!!

Bo entroido para tod@s!!

SAMAÍN 2021

                                                                        

                                                                 

FESTA FIN DE CURSO 2020/21

 

O luns 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso, financiada pola Anpa e coa colaboración do centro, dentro do horario lectivo. Inicialmente ía ser a Festa de Escuma para Primaria e Inchables para Infantil, pero o mal tempo obrigou ó plan B, Inchables para tod@s!!

Desfilaron tod@s @s nen@s do colexio e pasáronno en grande!!

 

 

   

CANTAMOS AS COPLAS DOS MAIOS

Despois de celebrar un concurso de coplas dos maios en todos os cursos de Primaria e coa colaboración da Anpa, acompañounos para cantalas un cuarteto tradicional (dúas gaitas, tambor e bombo). Cada curso cantou as coplas d@s compañeir@s que gañaron o primeiro, segundo e terceiro premios. Comprobade o ben que o pasamos!!

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos no colexio o Día Internacional da Muller cunha exposición colectiva na que participou todo o alumnado de Infantil e Primaria. @s alumn@s de Primaria documentaron fichas de mulleres pioneiras e senlleiras nos distintos ámbitos da sociedade (ciencia, educación, arte, cultura...). E @s alumn@s de Infantil aportaron á exposición as mulleres das súas familias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut