Secretaría

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS CURSO 2019-2020

No enlace adxunto poden ver as listas definitivas de admitidos e admitidas para o vindeiro curso.

Do 20 ao 30 de xuño deberán pasar polo centro para formalizar a matrícula. En breve publicaremos todo o que precisan.

 

LISTAXES DEFINITIVAS

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

 

 SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS CURSO 2019-2020

 

 Prazo:

 Do 1 ao 15 de febreiro de 2019, ambos incluídos.

 Lexislación:

Decreto 254/2012 do 13 de decembro, que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
Orde do 25 de xaneiro de 2017 modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:

 - Anexo I debidamente cuberto.

 - Formulario de previsión de matrícula.

- En caso de non autorizar a súa consulta, fotocopia do DNI ou copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a.

 O Anexo I pode cubrirse na páxina web da Xunta (admisionalumnado) e entregalo aquí ou ben presentalo de xeito electrónico coa sinatura dixital. Enviamos a través do alumnado fotocopia en papel, por se prefiren este método.

 O formulario de previsión de matrícula pódese descargar tamén na web do IES As Lagoas http://www.edu.xunta.es/centros/iesaslagoas/

 No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, comunicaráselles aos interesados e publicarase no taboleiro de anuncios do IES As Lagoas e na súa páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).

 No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

 Formalización da matrícula: Entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Nos arquivos que se adxuntan poden descargar os formularios.

 

                                                                           Ourense, 25 de xaneiro de 2019

                                                                                       A Directora

                                                                          Asdo.: Mª Isabel Domínguez Pérez

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019 DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

Entre o 20 e o 30 de xuño deben pasar polo centro formalizar a matrícula do alumnado de nova admisión. De non facelo entenderase que renuncian á praza.

Para a matrícula do alumnado de Educación Infantil deben cubrir os formularios adxuntos de admisión, enquisa e imaxe e presentalos na secretaría do centro xunto con seis fotografías tamaño carné, fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia da cartilla de vacinacións.

Para o resto de alumnado presentarán o anexo de formalización e a autorización para o uso da imaxe.

Se desexan utilizar o servizo de comedor ou acollida temperá, cubrirán os impresos correspondentes que encontrarán nos arquivos adxuntos.

O horario de presentación en secretaría é de 9 a 9:50 e de 13:10 a 14 horas.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

 

 
PROCESO DE ADMISIÓN

Normativa aplicable:

DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)
 ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)
 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 1 de febreiro de 2017)

O prazo de presentación das solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.
Xunto coa solicitude debidamente cuberta e asinada deben xuntar copia do documento que acredite a idade do alumno/a (libro de familia ou DNI). Se houbese que baremar, a documentación necesaria pediríaselle dende o centro para entregar entre o día 25 de marzo e o 5 de abril.
Lembren que soamente se pode entregar unha solicitude. Se a entregan en varios centros quedan anuladas.


Área de influencia do centro:
Marxe dereita do río Barbaña dende a ponte de Ervedelo, marxe esquerda do río Miño dende os Remedios ata a Ponte Nova. Ponte Nova, Curros Enríquez, interior de Praza Eduardo Barreiros, Rúa do Paseo ata Rúa Concordia, Rúa Concordia ata Rúa Paseo, Rúa Ervedelo ata a Ponte. Todas as rúas interiores dentro deste límite.

Áreas limítrofes: as áreas de influencia do CEIP O Couto, CEIP As Mercedes, CEIP Mestre Vide, CEIP Manuel Sueiro, CEIP Prácticas e CEIP A Ponte.

 

 


Servizos que presta o centro:  acollida temperá, con e/ou sen almorzo, comedor e actividades extraescolares.


Horario xeral do centro: Acollida temperá de 7:30 a 9 horas, horario lectivo de 9 a 14 horas, comedor de 14 a 16 horas, actividades extraescolares de 16 a 18 horas.


Horario de entrega de solicitudes de admisión: Todos os días de 9 a 9:50 h. e de 13:15 a 14:00 h. e os martes pola tarde de 16 a 17  h.


O formulario de solicitude (ED550B) será facilitado gratuitamente no centro, pódese descargar no arquivo adxunto e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina Web da consellería competente en materia de educación.
Poden cubrir a solicitude nesta aplicación e entregala no centro con todos os apartados cubertos  e asinada debidamente. Tamén a poden presentar a través da aplicación se teñen sinatura dixital. Nese caso entregarán no centro o código da solicitude e unha copia do DNI.

Lembren que en caso de separación e/ou divorcio teñen que asinar os dous proxenitores.

É importante que cubran a autobaremación, pois o que non aleguen non se lles terá en conta á hora de baremar.

Para o cálculo da puntuación pola declaración da renda (exercizo do 2017, presentada o ano pasado) deberán facer constar a suma das casiñas 415 (base impoñible xeral) e 435 (base impoñible de aforro) e dividir entre o número de membros da unidade familiar. O IPREM do 2017 é: 6.454,03 euros.

O criterio complementario que se aplicará no centro para a baremación é: "ser fillo/a ou irmán/a de exalumno/a.

DATAS DO PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN
Proceso de admisión: 1 ó 20 /03 (aa.ii.)
Prazo entrega de documentación (só centros que bareman): 25/03 ó 05 /04
Exposición de listado provisional de admitidos e non admitidos: 24/04
Prazo de reclamación: 25/04 ó 02 /05 (aa.ii.)
Exposición de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 14/05
Período de matrícula en Educación Infantil e Primaria.:  20 ó 30 /06

 

DÍAS NON LECTIVOS

TER EN CONTA:

Os días 4, 5, e 6 de marzo non hai clases, son as vacacións de entroido.

Os días 18 e 19 de marzo non son lectivos. Un é de libre disposición, aprobado pola Xefatura Territorial, e o outro é festivo autonómico.


VACANTES DISPOÑIBLES NO CENTRO PARA O CURSO 2018-2019


4º DE EDUCACIÓN INFANTIL  (3 anos) : 25 (22+3*)

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos): 1

6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos): 0

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 3*

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 2

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 0

5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: 1

6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: -1

*Tres prazas resérvanse para alumnado de necesidades específicas de apoio educativo. De non cubrirse con alumnado desas características cubriranse polo proceso ordinario.


Ourense, 21 de  febreiro de 2019

A Directora

Asdo.: Mª Isabel Domínguez Pérez

 

formulario_admisión.pdf

DECRETOadmisión.pdf

OrdeAdmisión.pdf

orde2017.pdf

 

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar as adxudicacións definitivas de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitudes de FONDOLIBROS.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 2014-2015.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos cales poidan desenvolver o seu proxecto na tota­lidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendi­zaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria. Os centros deberán utilizar, se é o caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcio­nados polo centro.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A SÚA INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS, POLO QUE AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE NO CURSO VINDEIRO ESTÉN EN 5º DE PRIMARIA, NON SOLICITARÁN AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO PORQUE NON TERÁN QUE MERCALOS. 

Si que deberán mercar o resto do material que está especificado.

A principio de curso realizaremos unha reunión informativa coas familias para explicar detalladamente o desenvolvemento do proxecto e aclarar dúbidas.

 

Distribuir contido